Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Estribela.
Situación: Marín.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 460 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. subterránea existente entre os CC.TT. R. Vázquez e Safricope, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta en Estribela, e rematando na mesma liña subterránea, concello de Marín. C.T. de 40 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 14 de maio de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
4310