Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/73-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica, Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Casas-Ardán.

Situación: Marín.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 23 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón, desde o apoio 108 da L.M.T. Marín-Bueu, rematando no C.T. que se proxecta en Casas-Ardán, concello de Marín. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220. R.B.T.

aérea, de 53 m de lonxitude con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4656