Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.223

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete á información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude da canteira denominada Troitiño, da provincia de Lugo.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someteran ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter á información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental e plan de restauración da solicitude da canteira denominada Troitiño, situada no concello de Castroverde, provincia de Lugo, e solicitado por Ángel Troitiño Crecente.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar deste para consulta nas oficinas desta dirección xeral e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4662