Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de execución e se autoriza a Enagás, S.A. a instalación da rede de distribución de gas natural para usos industriais, ramal a Ferrol, nos termos municipais de Irixoa, Monfero, Pontedeume, Cabanas, Fene e Neda.

Vistos o escrito e documentación presentados pola empresa ENAGAS, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de América, nº 38, 28028 Madrid, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data 12 de marzo de 1993, esta consellería otorgoulle a ENAGAS, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural en determinados termos municipais da provincial da Coruña, entre outros Fene e Neda polos que discorre o gasoducto ramal a Ferrol. Con data 1 de marzo de 1994, por orde do ministro de Industria e Enerxía, utorgouse á citada empresa a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural en determinados termos municipais da provincia da Coruña, entre outros Irixoa, Monfero e Cabanas polos que discorre o referido ramal a Ferrol. Finalmente, con data 18 de febreiro de 1997, por orde do conselleiro de Industria e Comercio outorgouse a ENAGAS, S.A. a concesión administrativa para a conducción e subministración de gas natural no termo municipal de Pontedeume, polo que descorre o referido ramal.

Segundo.-O día 8 de xaneiro de 1996, a referida empresa solicitou, ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gasas combustibles e

para os efectos previstos no artigo 20 del en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, a aprobación do proxecto de execución denominado gasificación de Galicia, ramal a Ferrol, e a autorización das instalacións descritas nel, xuntando a dita solicitude o preceptivo proxecto de instalacións, que foi redactado conforme o esixido polo Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificado por ordes do Ministerio de Industria e Enerxía, do 26 de outubro de 1983, do 6 de xullo de 1984 e 9 de marzo de 1994.

As características técnicas básicas das instalacións serán as seguintes:

-Lonxitude do ramal: 29.619 ml.

-A conduccción será de aceiro ou carbono de 8'' de diámetro, en longos dobres comerciais, fabricada segundo a especificación API 5L, con soldadura lonxitudinal e/ou helicoidal, por dobre arco sumerxido. A calidade do aceiro será X-42, o límte elástico mínimo garantido do cal é de 289 MPa é a carga de rotura de 413 MPa. Para os últimos 105 m, de conexión coa rede de Ferrol, utilizarase canle de 12'' de aceiro grao B, o límite elástico mínimo garantido do cal é de 241 MPa e a carga de rotura 413 MPa.

-O ramal dimensionouse para que co caudal de transporte e unha presión na Pos. I-014 de 50 bar, se obteña ó final do tramo 1, unha presión superior a 40 bar e con 65 bar se poida subministrar un caudal superior ó dobre do caudal de cálculo (22.990 Nm/h), e que a presión final do tramo 1 non descenda de 30 bar.

-Válvulas de seccionamento e de acometida.

-Alimentación eléctrica á estación de regulación e medida situada na posición I-014.3, tomando enerxía eléctrica en B.T. dun C.T. que se alimenta da L.M.T. que se vai construír a 15/20 kV, con orixe no apoio número 6 da L.M.T. de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., derivada ó C.T. Rabadeña, e unha lonxitudee de 412 m, en conductor LA-56, de 54,6 mm.

-O centro de transformación á intemperie estará situado no interior da posición I-014.3, en Neda, sobre apoio de formigón vibrado H.V.H. de 13 m de altura libre, de 25 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,400-0,230 kV.

O orzamento das obras ascende a 590.851.891 ptas.

Terceiro.-Por resolución desta dirección xeral do 22 de febreiro de 1996 someteuse a información publica o referido proxeccto xunto coa relación de bens e dereitos afectados, publicada no Diario Oficial de Galicia, do 21 de marzo de 1996, no BOP da Coruña do 3 de abril de 1996 e no xornal La Voz de Galicia, do 8 de marzo de 1996, e exposto, igualmente, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Irixoa, Monfero, Pontedeume, Cabanas, Neda e Fene. Durante o período legalmente establecido recibíronse 24 alegacións ó proxecto, referidas a variacións puntuais do trazado, erros na titularidade ou cualificación dos terreos, que foron remitidas á empresa solicitante.

Cuarto.-Con data 15 de marzo de 1995, esta dirección xeral remitiu ós distintos organismos afectados pola construcción do referido proxecto as separatas técnicas correspondentes, co motivo de que emitisen o preceptivo informe, significánsolles que, de non recibiren resposta no prazo de trinta días contados desde a recepción, entenderíase emitido en sentido, favorable.

Quinto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente de acordo co Estatuto de Autonomía de Galicia, co Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, co Decreto 132/1982, do 4 de novembro e co Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación coa citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, cos decretos 2913/1973, do 9 de decembro, e 1775/1967, do 22 de xuño, e en virtude do establecido no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento.

Segundo.-O proxecto cumpre coas esixencias regulamentarias fixadas no citado Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, así como as normas ou regulamentos que as desenvolven, e o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos aporbado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974.

Terceiro.-Examinada a constestación ás alegcións por parte da empres ENAGAS, S.A. e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que deben desestimarse as alegacións presentadas xa que non é viable tecnicamente situa-lo trazado en camiños, xa que as súas dimensións, dirección, desenvolvemento a media ladeira e proximidade e edificacións fan desaconsellable apoiarse ou situarse nestas vías de comunicación por motivos de seguridade. Non obstante, cabe sinalar que a servidume que se cosntitúe é unha servidume subterránea de paso de gas mediante canle enterrada, o que significa que unha vez executada a obra procédese á restitución do terreo quedando os predios comunicados e aptos para o seu posterior cultivo. A prohibición de edificar nunha franxa de 10 m a cada lado do eixe do canle establécese en función da presión de deseño, e non do diámetro do canle. Esta prohibición non é absoluta, senón que consiste na necesidade de pedir permiso na dita franxa antes de

inicia-las obras, sendo autorizado con carácter xeral, sempre que se cumpran determinadas medidas de seguridade para o encanamento do gas.

Por outra parte, no momento de proceder ó levantamento de actas previas á ocupación, á que serán citados persoalmente os alegantes, procederase á descrición real dos bens afectados, procedéndose a emenda-los erros padecidos na relación de bens e dereitos sometida a información pública.

Durante o replanteo da tubería sobre o terreo a empresa verificará a viabilidade das modificacións puntuais solicitadas sobre os predios afectados, que procederán sempre que non existan impedimentos técnicos, non se incremente innecesariamente o trazado e non se afecte a terceiros non implicados no expediente. Igualmente procederá a realiza-los cruzamentos e afecccións a organismos públicos de acordo cos condicionados e informes realizados ou, se é o caso, pendentes de realizar.

Por todo o anterior, debe accederse ó solicitado pola empresa ENAGAS, S.A. e, por conseguinte, proceder a aproba-los proxecto de execución de referenica.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Outorgar a ENAGAS, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións que se recollen no proxecto ramal a Ferrol, de acordo coas seguintes condicións:

Primeira.-As instalacións deberán realizarse conforme as especificacións e plans do proxecto que se aproba.

Segunda.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten ós datos básicos do proxecto será necesaria a autorización desta dirección xeral. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá aurotiza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Terceira.-En todo momento deberá cumprise canto establece o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria e Enerxía do 18 de novembro de 1974, modificado polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983, 6 de xullo de 1984, e 9 de marzo de 1994, así como as instruccións técnicas complementarias ITC-MIG 5.2 Canalizacións de transporte e distribución de gas en alta presión A e ITC-MIG 6.1 Acometidas de gas de alta presión aprobadas pola Orde do 26 de outubro de 1983, e modificadas pola do 6 de xullo de 1984, normas UNE e demais normativas e directrices vixentes.

Cuarta.-Os materiais e instalacións eléctricas deberán cumpri-lo disposto no Regulamento electrotécnico de baixa tensión e as súas instruccións técnicas complementarias, así como a norma UNE 20.322-86: clasificación de instalacións con risco de explosión debido á presencia de gases, vapores e néboas inflamables. A localización de canalizacións deberá realizarse seguindo o establecido na norma UNE 60-302. As zonas de seguridade e coeficientes de cálculo estarán de acordo co establecido na norma UNE 60-305; deberán así mesmo establecerse dispositivos que limiten a presión nas canalizacións ós valores máximos de servicio autorizados.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións será de tres meses contados a partir da data en que exista posibilidade legal de ocupación física dos predios; poderán solicitar prórroga, no caso necesario, trala oportuna xustificación.

Sexta.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña deberá realizar durante as obras e unha vez rematadas estas, as comprobacións e probas que considere necesarias en relación co cumprimento das condicións xerais e específicas establecidas.

Séptima.-O peticionario manterá informada á Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña de calquera incidencia que se poida producir durante a execución das obras e tamén das datas e fases previstas para a realización de probas e controis regulamentarios, todo iso con antelación suficiente, acreditando posteriormente ante a citada delegación provincial que os ensaios previstos foron realizados por entidades ou persoas legalmente facultadas e con resultado satisfactorio.

Ó remata-las obras remitirase á dita delegación provincial o certificado final de dirección de obra,

asinado por técnico competente, que acredite que as instalacións cumpren as condicións técnicas e prescricións regulamentarias que lle son de aplicación e que se axustan ó proyecto aprobado e/ou, se é o caso, ás modificacións autorizadas, xuntando as actas e certificacións das probas e controis regulamentarios. A delegación provincial, logo do informe do técnico designado pola dita delegación estenderá, se procede, a acta de posta en marcha da instalación.

Octava.-Os cruzamentos especiais ou outras afeccións a bens de dominio público realizaranse de conformidade cos condicionados técnicos impostos polos organismos afectados.

Novena.-O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta ds instalacións durante a construcción e despois da súa posta en servicio co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Décima.-Para a seguridade das instalacións a que se refire a presente autorización establécense as seguintes afeccións en relación cos elementos que se mencionan:

Uno.-Exporpiación en pleno dominio dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para as canalizacións:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 4 m de largo ó longo do gasoducto, por onde discorrerá enterrado a canle ou canles que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita, por razóns de seguridade ás seguintes limitacións de dominio:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm., así como de plantar árboles ou arbustos, a unha distancia inferior a 2 m, contando a partir do eixe do encanamento.

2. Prohibición de realizar alquera tipo de obras ou efectuar acto ningún que pudera danar ou perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a 10 m, do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que en cada caso fixe o órgano competente da Administración.

3. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, repara ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasiones.

4. Posibilidade de instala-los fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como as obras superficiasis ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionametno das instalacións.

B) Ocupación temporal dos terreos necesrios para a execución das obras, da zona que se reflicte para

cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e instalación da canalización e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

Tres.-Para o pso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 1 m de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a 50 cm.

2. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de 3 m largo, 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

3. Prohibión de realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de 3 m de largo, 1,5 m a cada lado do eixe das instalacións.

4. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

C) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execucion das obras, da zona que se reflecte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións ou operacións precisas para os ditos fins.

Cuatro.-Para as liñas eléctricas:

A) Servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de 1 m a cada lado do eixe da liña que implicará libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, repara ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Sevidume permanente de voo nunha franxa de 15 m centrada co eixe da liña na que se establecen:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar acto ningún que puidera danar ou perturba-lo bo funcionamento da liña, a unha distancia inferior a 7,5 m do eixe da liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores con altura máxima superior a 4 m a unha distancia inferior a 3 m do eixe da liña de postes do tendido.

C) Ocupación temporal da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios para realiza-las obras necesarias.

Décimo primeira.-A compañía operadora deberá ter un programa de vixilancia, inspección e control para observa-las condicións en que se encontran as canalizacións, debendo manter unha central de avi

sos atendida permanentemente e dispor dun plan de emerxencia escrito que describa a organización e actuación de medios humanos e materiais propios nas situacións de emerxencia. Así mesmo, deberá facilitar ós servicios de bombeiros, concellos afectados e organismos con competencias en materia de protección civil, copias dos planos de situación das canalizacións e características destas. Esta documentación será copia da que debe ter actualizada en arquivo a compañía operadora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Décimo segunda.-A autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias de competencia doutros organismos ou entidades públicas, necesarios para realiza-las instalacións aprobadas.

Décimo terceira.-A Administración reservou o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas sinaladas polo artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, d0 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

2373