Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que iso implica da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/65-4).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, artigo 52 da Lei 40/1994, de ordenación do sector eléctrico nacional (LOSEN) e artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sómetese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: r/ Fernando Macías 2, 15004 A Coruña.

Título: subestación transformadora de 15 MVA en Pazos de Reis.

Situación: Tui.

Características técnicas: subestación intemperie, con dous módulos de liña a 132 kV. Un módulo de protección do transformador. Transformador trifásico de 15 MVA, relación de transformación 132/20 kV. Cinco saídas de liña a 20 kV. Sita no lugar de Pazos de Reis, concello de Tui.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo I.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Duranto o dito período calquera persoa poderá aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26

do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 26 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: IN407A 97/65-4Provincia: Pontevedra.

Liña: subestación Intemp. TuiConcello: Tui.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosDomicilionºmmlm

1PombalLabradíoRaúl Martínez GilPazos de Reis,

36715 Tui

688

2PombalLabradíoJacinto Álvaro NovalPazos de Reis,

36715 Tui

553

6PombalLabradíoHdos. de Pío Alonso

Rpte. Esperanza Domínguez Alonso

Pazos de Reis,

36715 Tui

315

5BPombalMonte altoRaúl Martínez GilPazos de Reis,

36715 Tui

275

1808