Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/29-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Teléfonica Móviles, S.A.

Enderezo social: Castrelo-Laxe, 15118 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. teléfonica móviles A. A Cruz, Ponteareas.

Situación: A Cruz, Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 117 m de lonxitude, desde a L.M.T. de Guláns-A Cruz, ata o C.T. da Cruz no concello de Ponteareas. C.T. de 25 kVA, relación de transformación 20.000/398-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 10 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3987