Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa, dunha planta de coxeración que se cita. (Expediente 97/265 R.C.I. 15.980).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa TOP WASH, S.L., con domicilio no polígono industrial de Sabón, parcela número 85, Arteixo (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se executará na factoría da empresa situada na anterior dirección.

Planta de coxeración de enerxía eléctrica e calor, que se instalará dentro do recinto da súa factoría situada no domicilio antes referido, composta de:

-Un grupo motor-xerador, cunha potencia de 1.625 kVA, utilizando como combustibe gasóleo C ou gas natural.

-Un centro de transformación eléctrico 20/0,380 kV, cunha potencia de 1.600 kVA.

-Instalacións complementarias de aproveitamento de calor, instalacións auxiliares, de baixa tensión, regulación e control e de interconexión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 8 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2373