Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/69-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. Sabarís, Palomas e reforma C.T. Burgo II.

Situación: Baiona.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV de 124 m de lonxitude, con conductor tipo LA-110, desde un apoio existente da L.M.T. 42.22 rematando no C.T. Sabarís-Convento. L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 1.500 m, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. ó C.T. Sabarís-Convento remantando no C.T. area. L.M.T., a 20 kV, subterránea, de 680 m con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Santa Marta remantando no C.T. Gasolineira. L.M.T., a 20 kV, de 300 m con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. Burgo II remantando no C.T. Palomas. Concello de Baiona. Reforma C.T. Burgo II cunha cela CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

4660