Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/70-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica, Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Lameliña-Santa María de Bora.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 197 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 65 da L.M.T. Mourente-Almofrei finalizando no C.T. que se proxecta en Lameliña-Santa María de Bora, concello de Pontevedra. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20/380-220 V. R.B.T. aérea, de 25 m de lonxitude, sobre apoios de formigón, con conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de maio de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

2373