Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ORDES

EDICTO (261/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo declarativo de executivo, notifícaselles ós demandados Antonio Cebey García, José Viña Santos e Mª Mercedes Fraga Bolón, a sentencia que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Sentencia. Na vila de Ordes, 28-2-1997. Cristina María Paz Eiroa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta vila, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Caixa de Aforros de Vigo, representada polo procurador Castro del Río e dirixido polo letrado Manuel Anca Mesejo, contra Antonio Cebey García, José Viña Santos e Mª Mercedes Fraga, declarados en rebeldía.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embragados a Antonio Cebey García, José Viña Santos e Mª Mercedes Fraga Bolón, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.431.534 pesetas, importe do principal e gastos de protesto e, ademais, ó pagamento dos xuros legais e as custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente ós demandados.

Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada, declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro.

Dado en Ordes o vintecinco de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3999