Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.208

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (215/1996).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue expediente de dominio 215/1996, por instancia de Manuel Landeira Mansilla e María Neiro Castro, representados polo procurador Cuns Núñez, para a ranudación do tracto sucesivo do seguinte predio:

Urbano. Casa número vintecatro moderno da rúa Santa Cristina, parroquia de San Miguel desta cida

de, composta de alto e baixo, e que ocupa un soar de dezaseis metros cadrados. Estrema, polo norte, rúa Santa Cristina; sur, parte traseira, casa e horta número corenta e tres da rúa Algalia de Arriba, propiedade de Águeda Casas Rey, leste, esquerda, casa número vinteseis da rúa Santa Cristina, de Isabel Facal Varela; e oeste, dereita, soar ó que debe corresponderlle o número 18 da dita rúa de Santa Cristina, propiedade de Agustín Leis Ponte.

E en virtude do acordado e o disposto na Lei e Regulamento hipotecario, por medio do presente edicto convócase e cítase a María Manuel Mayo Prieto e Julia Mayo Prieto, que interviñeron na transmisión do predio de Gerardo Blanco Agraso, co fin de que no prazo de dez días poidan constituírse en parte perante o xulgado e alega-lo que ó seu dereito conveña.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1997.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3739