Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.209

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (517/1996).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de xuízo de divorcio nº 517/1996, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio, seguidos neste xulgado baixo o número 517/1996, por instancia de Juan Jesús Miramontes García, representado polo procurador García Brea e defendido pola letrada García Lema, contra Milady Altagracia Antigua, en situación procesual de rebeldía.

Decido: que debo estimar e estimo a demanda de divorcio interposta polo procurador García Brea en nome e representación de Juan Jesús Miramontes García, contra Milady Altagracia Antigua, declarada en rebeldía procesual, e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado polos mencionados cónxuxes.

Non se fai condena en canto ás custas procesuais.

Notifíqueselle a presente cédula á demandada declarada en rebeldía, nalgunha das formas legalmente previstas.

Contra a presente resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Cando sexa firme esta resolución, comuníqueselle ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe.

E para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Milady Altagracia Antigua, con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 6 de maio de 1997.

Rubricado

3619