Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Xoves, 26 de xuño de 1997 Páx. 6.209

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (19/1996).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas nº 19/1996, por instancia de David Rodríguez Fernández, contra Sabino Mata López, e nas súas actuacións, en resolución desta data, se acordou citar a David Rodríguez Fernández, co fin de que o día dezasete de xullo, ás dez horas, compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas, e apercíboo de que, no caso de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito, e de que deberá comparecer asistido das probas das que intente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a David Rodríguez Fernández, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela, dous de maio de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

3998