Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación das instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes 172 e 174/1995).

Autorizadas e declaradas de utilidade pública as instalacións das liñas eléctricas a 15/20 kV, unha de 248 metros de lonxitude, desde a liña Mesón do Vento-Alto do Vilar e centro de transformación no lugar de Sobre da Fonte, no termo municipal de Cerceda (expediente 174/1995); e outra de 572 metros de lonxitude desde a liña Sigrás-Celas de Peiro e centro de transformación no lugar de Sueiro, no termo municipal de Culleredo (expediente número 172/1995), e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica polo Decreto 102/1997, do 17 de abril, (Diario Oficial de Galicia,

do 6-5-1997, da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen nas relacións que se publicaron no DOG do 6-8-1996, que se expoñen actualizadas nos taboleiros de edictos das casas dos concellos, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración acompañado dun perito se constituirá nos predios o día 10 de xullo de 1997, para tomar de datos, a partir das 10 horas nos de Cerceda, e a partir das 12 horas nos de Culleredo, e lavantar a continuación nas oficinas das casas dos concellos as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens obxecto da imposición de servidumes, e farán consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados, de conformidade co artigo 56 do regulamento da Lei do 26 de abril de 1957, poderán facerse acompañar dos seus peritos, e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito perante esta delegación ata e naquel momento as alegacións só para corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 16 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4569