Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación do concurso polo procedemento aberto dun contrato de consultoría e asistencia, consistente na realización dun proxecto de recuperación e clausura do solo contaminado situado no vertedoiro de Mougá en Ferrol.

Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 6/97.

Obxecto do contrato: realización dun proxecto de recuperación e clausura do solo contaminado situado no vertedoiro de Mougá en Ferrol.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 19 de marzo de 1997.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: nove millóns cincocentas pesetas (9.500.000 ptas.).

Adxudicación:

Data: 4 de xuño de 1997.

Contratista: TM Consult.

Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: sete millóns cincocentas noventa e oito mil pesetas (7.598.000 ptas.).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

4570