Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 46/1995).

Autorizada e declarada de utilidade pública a instalación da liña eléctrica a 15/20 kV, de 1.883 metros de lonxitude, co orixe na liña ó C.T. de Trabe-Piñeiro-Igrexa, no termo municipal de Cedeira (expediente 46/1995), e declarada a urxente ocupación dos bens e dereitos que se afectan pola imposición de servidumes de paso de enerxía eléctrica

por Decreto 96/1997, do 21 de marzo, (Diario Oficial de Galicia, do 29-4, da Consellería de Industria e Comercio, a prol da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Fáiselles saber ós titulares dos predios que se conteñen nas relacións que se publicaron no DOG do 26-10-1995, que se expoñen actualizadas no taboleiro de edictos da Casa do Concello de Cedeira, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o representante da Administración acompañado dun perito, se constiturá nos predios números 5, 11, 15, 20, 21, 25, 26, 30, 35, 37 e 38 a partir das 10.30 horas, e nos predios números 41, 42, 43, 44, 46, 54, 55, 56 e 57 a partir das 12 horas, o día 1 de xullo de 1997; e nos predios números 64, 67, 68, 69, 74, 79, 80, 81, 84, 85, 88 e 89 a partir das 10.30 horas, e nos predios números 97, 100, 105, 106, 107 e 108 a partir das 12 horas, o día 2 de xullo de 1997, para toma de datos e levantar a continuación, nas oficinas da citada Casa do Concello, as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens obxecto da imposición de

servidumes, e faranse consta-las manifestacións e datos que sexan útiles para determina-los dereitos afectados.

Os interesados, de conformidade co artigo 56 do Regulamento da Lei do 26 de abril de 1957, poderán facerse acompañar dos seus peritos, e dun notario, pola súa conta, e formular por escrito perante esta delegación ata e naquel momento as alegacións só para corrixir posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados.

A Coruña, 16 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4591