Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Diez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Barrela, Lousadela, Sampaio.
Situación: Carballedo.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, cunha lonxitude de 425 metros, sobre apoios de formigón. Centro de transformación de 50 kVA 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95--50-25, para mellora do servicio eléctrico na Barrela, Lousadela e Sampaio, concello de Carballedo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Lugo, 23 de abril de 1997.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
4592