Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Forestal del Atlántico, S.A., no concello de Mugardos (A Coruña), e se inclúe no réxime especial creado polo R.D. 2366/1994. (Expediente 47/1994).

Visto o escrito presentado pola empresa Forestal del Atlántico, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en Punta Promontoiro s/n, 15620 Mugardos, A Coruña, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-O día 2 de agosto de 1996, a referida empresa, dedicada á fabricación de resinas e colas de urea-formaldehido, deslastre e desgasificación de buques e almacenamento e distribución de productos petrolíferos, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre e producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxías renovables, para a ampliación da planta de coxeración que ten previsto instalar na súa factoría do concello de Mugardos (A Coruña) e que foi aprobada por resolución da Dirección Xeral de Industria, do 3 de novembro de 1994. Acompaña á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións, o estudio dos rendementos enerxéticos alcanzables e de aforro de enerxía que se conseguirán coa posta en servicio das instalacións proxectadas, e

o resto da documentación á que fai referencia o artigo 5.4º do citado R.D 2366/1994.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

Catro motores de combustión interna alternativos alimentados por fuel oil, de 6.590 kW cada un; catro xeradores síncronos trifásicos de 6.200 kVA c/u, tensión de xeración 6 kV; un centro de transformación 132/6, cunha potencia de 24,8 mVA, montado en intemperie; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Segundo.-De conformidad co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Coruña dictou Resolución do 19 de agosto de 1996, pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 29-8-1996 e no BOP da Coruña

do 30-8-1996, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu o informe favorable da dita delegación provincial.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado R.D. 2366/1994, realizándose o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Vistos os preceptos legais e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

1. Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Forestal del Atlántico, S.A., que se situará nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Mugardos (A Coruña).

2. Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do R.D. 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do R.D. 2366/1994, e presentará a documentación que figura nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Coruña, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordi

nario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4492