Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Mércores, 25 de xuño de 1997 Páx. 6.088

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación no, Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio téxtil de Ourense para 1997.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio téxtil (código nº 3200145) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 15-5-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios do Comercio Téxtil de Ourense e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, todas elas con capacidade e lexitimidade suficiente para asina-lo, en xuntanza celebrada o día 21-4-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 27 de maio de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo do comercio téxtil 1997

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio afecta a tódalas empresas dedicadas ó comercio téxtil con centro de traballo na provincia de Ourense, aínda cando a súa sede social tivese o seu domicilio noutra distinta; a súa aplicación serve igualmente para as empresas que se instalen na provincia durante a vixencia do presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Este convenio afecta a tódalas empresas dedicadas ó comercio téxtil e a tódolos traballadores incluídos no seu ámbito de aplicación territorial, salvo os que exerzan funcións de alto consello ou alta dirección.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As disposicións do presente convenio comprenderán todo o territorio da cidade de Ourense e a súa provincia.

Artigo 4º.-Vixencia, duración e denuncia.

O presente convenio terá unha duración dun ano, desde o 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1997, sendo de aplicación na súa totalidade ata se asinar outro que o substitúa.

O convenio prorrogarase de ano en ano mentres calquera das partes non o denuncie cunha anticipación de polo menos tres meses ó termo en que expire a prórroga en curso.

A forma de denuncia será mediante comunicación escrita á outra parte instando a negociación á outra parte, na que se fará conta-la representación que ostente así como o ámbito de aplicación do convenio e modificacións que se propoña negociar.

Artigo 5º.-Publicidade.

As empresas afectadas por este convenio deberán ter un exemplar del no centro de traballo para coñecemento do persoal. Así mesmo, as empresas colocarán no taboleiro de anuncios copias dos boletíns de cotización á Seguridade Social co fin de que tódolos traballadores constaten a súa situación laboral mensualmente.

Artigo 6º.-Soldo do convenio.

Os salarios das distintas categorías profesionais do persoal do presente convenio son os que se detallan na táboa salarial que figura como anexo, respectándoselle a todo o persoal con contrato de traballo ou sen el unha vez cumpridos 18 anos.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas deberán aboar tres pagas extraordinarias: unha en xullo, outra en decembro e outra de beneficios, pagadoira entre o 1 de xaneiro e o 31 de marzo. Cada unha estará integrada por unha mensualidade do salario total do convenio e o premio de antigüidade, que será estimado, se é o caso, sobre o salario actualizado á data en que sexa pagado, e mesmo cos beneficios para aqueles que regula

mentariamente ou por pacto o teñan recoñecido de tal xeito que o importe delas será igual ó das mensualidades ordinarias, constituíndo 15 pagas anuais.

Artigo 8º.-Premio de antigüidade.

Os aumentos periódicos por anos de servicio serán cuadrienios na contía do 6% do salario base correspondente á categoría en que estea clasificado o traballador e que figure neste convenio.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá, en ningún caso, supor máis do dez por cento ós cinco anos, do vintecinco por cento ós quince anos, do corenta por cento ós vinte anos e do sesenta por cento como máximo ós vintecinco anos ou máis.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral para 1997 será de 1.804 horas en cómputo anual ou 40 horas semanais, que normalmente se distribuirán de luns a sábado, terminando a xornada ás 13.30 horas do sábado, para este ano exclusivamente.

Non obstante, os empresarios e traballadores afectados por este convenio poderán modifica-la distribución do horario laboral seguindo o establecido no artigo 41 do texto refundido do Estatuto dos traballadores, R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito os dous días aboables e non recuperables como consecuencia da aplicación do calendario laboral, días que se fixarán de común acordo entre empresa e traballadores. Na falta de acordo os traballadores terán dereito a desfruta-los días 14 de outubro e 18 de novembro.

Fíxanse como días de traballo como consecuencia das festas de Nadal e de acordo coa tradición que se vén facendo os seguintes sábados pola tarde do mes de decembro: 13, 20 e 27, e 3 e 10 de xaneiro de 1998.

Os traballadores que realicen o seu traballo o sábado pola tarde terán dereito ó descanso equivalente e na mesma proporción ás horas traballadas ou á súa compensación económica se así o acordan entre empresa e traballadores.

Como consecuencia da instalación en Ourense dunha gran superficie como é Continente, ámbalas partes manifestan que, no caso de que esta inflúa no comercio téxtil de Ourense, se reunirá a comisión paritaria do convenio para analiza-la situación e toma-las medidas que se consideren máis idóneas para palia-la situación.

Artigo 10º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse os dereitos adquiridos así como as cantidades superiores pactadas a título persoal que teñan establecidas as empresas á entrada en vigor deste convenio.

Artigo 11º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio serán compensadas e absorbidas ata onde alcance no cómputo anual con aquelas outras que se puidesen establecer por disposición legal que estivesen establecidas pola empresa, salvo que expresamente se pacte o contrario.

Artigo 12º.-Premio de xubilación.

O persoal que se xubile dentro da idade de 64 anos ou antes de cumprilos, ademais do que corresponde segundo a lexislación vixente percibirá como premio de xubilación unha mensualidade completa.

As empresas e traballadores afectados polo presente convenio poderán pacta-la xubilación especial ós 64 anos, de conformidade co establecido no R.D. 2705/1981, do 17 de outubro, que o desenvolve, así como as demais disposicións legais que regulen o dito tipo de xubilación no futuro.

Artigo 13º.-Dereitos e garantías sindicais.

A) As empresas deben cumpri-la Lei 1/1995, do 24 de marzo, e os acordos nacionais asinados entre ámbalas partes sobre esta materia de forma clara e progresiva. Os delegados de persoal exercerán mancomunadamente ante o empresario a representación para a que foron elixidos intervindo en cantas cuestións se susciten en relación coas condicións de traballo e do persoal que representan, formulando reclamacións ante a autoridade laboral, entidades xestoras da Seguridade Social segundo proceda sobre o cumprimento das relativas á seguridade e hixiene no traballo e Seguridade Social. Os comités de empresa recibirán información, que lles será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a situación de producción e vendas da empresa, sobre a súa programación de producción e evolución probable do emprego na empresa, coñece-lo balance de resultados, a memoria e, en caso de revesti-la forma xurídica de sociedade, dos demais documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a

estes. Emitir informe con carácter previo sobre reestructuración de cadros de persoal e cadros bancarios.

B) En tódolos contratos, modificacións e prórrogas deles poderase incluír, xunto coa sinatura do empresario e traballador, a dun representante sindical dos traballadores, entendéndose por estes os membros das seccións sindicais, comité de empresa e delegados de persoal.

C) A dirección da empresa no prazo dunha semana entregaralles copia do contrato ou documento que o modifique ós representantes sindicais dos traballadores.

D) Cláusula sobre liquidacións. Tódolos recibos de liquidación deberán especificar con claridade, xunto cos demais conceptos que se lle deban ó traballador, os correspondentes atrasos de convenio e os derivados da aplicación das cláusulas de revisión.

E) As relacións laborais serán prioritariamente de carácter indefinido. Non obstante, cando as circuns

tancias o esixan, poderanse celebrar contratos por tempo determinado, respectando o principio xeral de estabilidade e garantindo en todo caso a estricta causalidade da contratación. Para isto, a empresa notificaralles ós representantes dos traballadores para determinar se as circunstancias específicas xustifican o uso e calquera das modalidades de contratación temporal.

Artigo 14º.-Calendario laboral.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio están obrigadas a confeccionar un calendario laboral nos tres primeiros meses do ano.

Artigo 15º.-Vacacións.

As vacacións serán de 30 días naturais para todo o persoal afectado polo presente convenio. Fixaranse de común acordo entre a empresa e os representantes dos traballadores, que poderán convir na división do período en dous para facilita-la realización de quendas rotativas conforme as necesidades dos traballadores e da empresa.

Artigo 16º.-Fomento da contratación.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, co obxectivo dunha menor precarización do emprego que se derivan do actual ciclo económico, o contrato por circunstancias do mercado a que se refire o dito artigo poderase celebrar cunha duración mínima de seis meses e un máximo de tres anos. O seu réxime xurídico será equivalente ó do contrato por tempo indefinido en canto ó desfrute de beneficios salariais, complementos etc.

O presente contrato sométese a un réxime específico de extinción con esixencia de preaviso escrito con polo menos 15 días de anticipación e cunha indemnización de 12 días por ano traballado, entendéndose que a dita indemnización corresponde por finalización das prórrogas xa que en caso de producirse a extinción por causa non imputable ó traballador este terá dereito a percibi-la indemnización que legalmente corresponda por despedimento.

No suposto de non se produci-la extinción á terminación do tempo máximo de duración dos tres anos, se o traballador seguise prestando os seus servicios á empresa, o contrato transformarase en indefinido.

O presente contrato só se poderá celebrar a xornada completa.

As partes asinantes deste convenio comprométense a recomendarlles ós seus afiliados a utilización deste tipo de contrato, sempre que resulte aplicable, en lugar doutras modalidades de contratación temporal actualmente en vigor.

Artigo 17º

Modifícase o parágrafo quinto do número un do artigo 40 do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, o cal terá a seguinte redacción: «O traballador

que, sen ter optado pola extinción do contrato, se mostre desconforme coa decisión empresarial, poderaa impugnar ante a xurisdicción competente. No dito caso o traslado non se levará a cabo ata a resolución xudicial firme sobre el. A sentencia declarará xustificado ou inxustificado o traslado. En caso de ser xustificado o dito traslado, o traballador incorporarase ó seu novo centro de traballo no prazo máximo de 10 días naturais contados desde a notificación da sentencia».

En todo o demais mantense integramente o texto do artigo 40 do mencionado texto refundido.

Artigo 18º.-Horas extraordinarias.

Queda prohibida a realización de horas extraordinarias que non teñan carácter estructural.

Terán carácter estructural as que viñesen esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos que poñan en perigo as instalacións e/ou materias primas almacenadas, as derivadas de avarías que requiran a reparación inmediata, así como as debidas a cambios de temporada, exposicións e reorganización de almacén.

O resto das horas extraordinarias só terán a consideración de estructurais cando exista acordo expreso cos representantes sindicais. Cando se constate que o número de horas extraordinarias supera a cantidade de 40 horas semanais nunha mesma sección ou servicio da empresa procederá á contratación do número de traballadores preciso para substituí-la realización das ditas horas extraordinarias.

En todo caso as horas extraordinarias serán compensadas con tempo de descanso a razón de 1,75 horas por hora extraordinaria realizada. O dito tempo de descanso desfrutarase de común acordo entre a empresa e os traballadores afectados e unicamente serán remuneradas cando o traballador así o solicite.

A realización de horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizarase semanalmente, entregando copia do resumo mensual ó traballador e outra ós representantes sindicais dos traballadores.

Artigo 19º.-Baixa por I.T.

En caso de baixa por accidente de traballo percibirase o cento por cento do salario correspondente ó traballador en baixa a partir do primeiro día de baixa. No que respecta á enfermidade común ou profesional, o persoal en situación de I.T. percibirá con cargo á empresa, polo período dun ano como máximo, o salario que lle corresponda polo presente convenio incrementado cos aumentos por anos de servicio.

Artigo 20º.-Igualdade no traballo.

Respectarase o principio de igualdade no traballo para tódolos efectos e non se admitirán discriminacións por razóns de idade, sexo, ideoloxía, raza ou minusvalidez, etc. Así mesmo, as empresas garantirán o percibo de igual salario en igual función.

Artigo 21º.-Réxime disciplinario para o acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou intimidade e/ou contra a liberdade dos traballadores/as, conductas de acoso sexual verbais, graves ou leves en función da repercusión do feito*. Nos supostos que se leven a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa e/ou persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, xunta de persoal, sección sindical ou representantes dos traballadores/as e a dirección de persoal da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a procurando silencia-la súa identidade cando así fose requirido.

* Dada a falta de normativa existente, poderase segui-la descrición de sancións incluídas na Lei de infraccións e sancións na orde social do 7 de abril de 1988.

Artigo 22º.-Protección á maternidade.

No caso de maternidade a empresa deberá concede-los permisos de 16 semanas ininterrompidas ampliables por parto múltiple ata 18 semanas. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto, podendo facer uso destas o pai para o coidado do fillo no caso de falecemento da nai.

Non obstante, no caso de que a nai ou o pai traballen, aquela, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai goce de ata catro das últimas semanas de suspensión, sempre que sexan ininterrompidas e ó final do citado período, excepto que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña risco para a saúde.

No suposto de adopción, se o fillo adoptado é menor de nove meses, a suspensión terá unha duración máxima de oito semanas contadas a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. Se o fillo é menor de 5 anos e maior de nove meses, a suspensión terá unha duración máxima de 6 semanas.

No caso de que o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer ese dereito.

Artigo 23º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas afectadas por este convenio colectivo só poderán non aplica-lo réxime salarial nel pactado por acordo maioritario da comisión paritaria do convenio e referendo da maioría da totalidade do cadro de traballadores da empresa ós que lles é de aplicación o convenio mediante asemblea legalmente constituída. Ademais a desvinculación do réxime salarial deberá servir para superar unha situación de crise económica da empresa provocada por perdas nos últimos dous exercicios contables.

A empresa afectada deberá solicitar da comisión paritaria a aplicación desta cláusula por escrito, no que consten os datos da empresa, a reducción salarial

proposta e a duración da desvinculación. Así mesmo, deberá aporta-la documentación que lles sexa solicitada pola comisión paritaria para a resolución da petición, a cal se deberá producir no prazo dun mes.

No caso de estimar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o nivel retributivo que se aplicará na empresa afectada, que en ningún caso afectará a estructura establecida para o salario do convenio.

En todo caso, o beneficio da non aplicación só se estende ata a finalización do período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momento da solicitude. Terminado este, a empresa deberá recupera-lo nivel establecido no convenio seguinte.

Os acordos da comisión paritaria e da asemblea de traballadores/as reflectiranse en actas que se rexistrarán no SMAC.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todo o non previsto por este convenio aplicarase o disposto na ordenanza laboral para o comercio en xeral en tanto ámbalas partes non acorden a súa substitución por convenio en caso de que aquela fose derrogada, así como as demais disposicións legais vixentes.

Segunda.-As partes asinantes do presente convenio son a Asociación Provincial de Empresarios del Comercio Téxtil de Ourense e as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, todo isto de conformidade co previsto na Lei 1/1995, que aprobou o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Terceira.-Establécese unha comisión paritaria para a interpretación e vixilancia do presente convenio e conforme a representación que ostenten as ditas partes. A dita comisión paritaria estará composta por membros da patronal e sindicatos sinalados na disposición adicional segunda.

Cuarta.-Ámbalas partes fan constar que a táboa salarial que figura como anexo ó presente convenio supón un incremento con respecto á táboa do convenio anterior dun 3,2%.

Quinta.-Cláusula de submisión ó AGA.

Ante a importancia que poida ter para a resolución dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos (AGA) asinado pola Confederación de Empresarios de Galicia e as centrais sindicais Comisións Obreiras, Unión Xeral de Traballadores e Converxencia Intersindical Galega, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formulados.

Sexta.-As partes asinantes do presente convenio sinalan que debido á tradición que sempre tivo o día 19 de marzo como día do pai e San Xosé, e como queira que desde hai varios anos non é festivo, acordan que para 1998 se sinale como un dos días

libres sinalados no convenio como consecuencia do axuste da xornada laboral, sempre e cando así se recoñeza e se leve a efecto nos demais convenios, para o cal se tomará o correspondente acordo na comisión paritaria do convenio, analizándose a dita situación na negociación do convenio en 1998.

Disposicións derradeira

Ámbalas partes asinantes do presente convenio acordan mante-las reunións e contactos que fosen necesarios para a elaboración e estudio da situación real do sector do comercio téxtil que poida permiti-la redacción e sinatura dun convenio de carácter xeral do comercio da provincia de Ourense se a condicións obxectivas o aconsellasen.

ANEXO I

Xefe de compras e encargado xeral111.230
Xefe de sucursal e xefe administrativo99.433
Xefe de sección mercantil99.433
Encargado de establecemento95.569
Viaxante99.433
Corredor de praza95.569
Dependente94.917
Dependente maior104.403
Axudante83.050
Aprendiz52.247
Xefe administrativo111.275
Xefe de sección administrativo101.458
Contable caixeiro100.145
Oficial administrativo94.917
Auxiliar administrativo85.423
Auxiliar de caixa94.917
Escaparatista104.396
Axudante de montaxe85.423
Persoal de oficio85.423
Mozo especializado85.423
Mozo85.423
Telefonista85.423
Empaquetadora85.423
Costureira85.423
Operador técnico94.917
Persoal de limpeza595

4366