Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (108/1995).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial fai saber que: neste xulgado se seguen autos de xuízo separación número 108/1995 (adicional 5ª), por instancia de María Mercedes Blanco García, contra Fernando Martínez Rodríguez e Ministerio Fiscal e nos seus autos, por resolución do día da data acordouse noti

ficarlle ó referido demandado Fernando Martínez Domínguez, por edictos, a sentencia que ten como parte dispositiva e decisión o seguinte:

«En Corcubión o doce de marzo de mil novecentas noventa e sete, Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta vila, pronuncia en nome de El-Rei a seguinte sentencia: vistos os precedentes autos de separación conxugal (adicional 5ª), seguidos polos trámites da disposición adicional da Lei 30/1981, do 7 de xullo, en virtude de demanda formulada polo procurador Leis Rial en representación de María Mercedes Blanco García, asistido da letrada Montero Espasandín, designados en quenda de oficio, contra Fernando Martínez Rodríguez, en situación de rebeldía procesual nos presentes autos e contra o Ministerio Fiscal, recaendo neles a presente resolución con base nos seguintes:

«Decido que estimando no seu pedimento principal a demanda presentada pola representación de María Mercedes Blanco García, debo acordar e acordo a separación do matrimonio contraído entre a citada e Fernando Martínez, con tódolos efectos legais inherentes e, en especial, os seguintes:

1. O fillo menor, Javier, quedará en compañía e baixo a custodia da nai, se ben a patria potestade continuarán exercéndoa conxuntamente ámbolos dous proxenitores.

2 Recoñéceselle ó pai o dereito de visitar, ten na súa compañía e comunicar co seu fillo menor dos termos establecidos na presente resolución.

3. En concepto de contribución ás cargas do matrimonio, incluídos os alimentos debidos ós fillos, Martínez Rodríguez aboaralle á súa muller a cantidade de vintecinco mil pesetas dentro dos cinco primeiros días de cada mes, por mensualidades anticipadas, actualizándose a dita cantidade, anualmente de acordo do índice de prezos ó consumo que fixa o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

4. A vivenda familiar quedará en uso da muller e do fillo común.

5. Acórdase a disolución da sociedade de gananciais, cunha liquidación que poderá levarse a cabo en rexecución de sentencia, se así o solicita algunha das partes.

6. Non se fai especial pronunciamento de custas.

Firme esta resolución remítase testemuño dela ó encargado do Rexistro Civil de Vimianzo co fin de que se lle practique a correspondente anotación marxinal no asento da inscrición do matrimonio. Notifiqueselles ás partes en forma legal, facéndolles saber que esta resolución non é firme e contra ela poderase interpor, perante este xulgado, no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación, recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no BOP, e que lle sirva de notificación en forma ó demandado, expídese o presente edicto en Corcubión o 11 de abril de 1997.

Rubricado

3527