Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.018

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (268/1996).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 268/1996, por instancia de axentes da policía local, Germán Jiménez Manosalvas e María Teresa García Serrano, contra os mesmos nas actuacións dos cales se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din literalmente:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o 16 de xaneiro de mil novecentos noventa e sete, en nome de El-Rei.

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, vin os presentes autos de xuízo de faltas número 268/1996, sobre desobediencia no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, os policías locais números 33 e 127, e denunciados, Germán Jiménez Manosalvas e María Teresa García Serrano, que á súa vez denunciou os mencionados policías e foi asistida pola letrada Susana Suárez.

Resolvo que debo absolver e absolvo a Germán Jiménez Manosalvas, María Teresa García Serrano e os policías locais números 33 e 127 das faltas polas que foron respectivamente chamados a este xuízo como denunciados. As custas procesuais decláranse de oficio.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse recurso de apelación perante este xulgado por escrito e no prazo de 5 días.

E para que conste e lle sirva de notificación a Germán Jiménez Manosalvas, expido e asino esta sentencia en Santiago de Compostela o vintenove de abril de mil novecentos noventa e sete».

O maxistrado-xuíz

Rubricado

4765