Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZAOITO DE MADRID

EDICTO (355/1985).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia número dezaoito dos de Madrid fai saber que no xuízo executivo número 355/1885, promovido por Caja Postal de Ahorros, S.A., contra Isaura Iglesias Veeiro e Luis Requejo Iglesias, en reclamación de 679.375 pesetas, acordei, por providencia desta data, notificarlle á dita parte demandada, Isaura Iglesias Veeiro e Luis Requejo Iglesias, de quen se descoñece o seu domicilio actual, a resolución que ten o seguinte teor literal:

«Que debo mandar y mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Isaura Iglesias Veeiro e Luis Requejo Iglesias e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte actora, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 509.375 pesetas, importe de principal, comisión e xuros pactados ata a data invocada; e ademais ó pagamento dos xuros de demora tamén pactados e ás custas, ó pagamento do cal debo condenar e condeno expresamente a parte demandada.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación».

E para que lles sirva de notificación ós demandados Isaura Iglesias Veeiro e Luis Requejo Iglesias, en paradoiro descoñecido, expido este edicto.

Dado en Madrid o catorce de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3032