Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Luns, 23 de xuño de 1997 Páx. 6.017

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Inorgánica, a Jesús Antonio Castro Fojo. (Praza 35/1996).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade, do 3 de maio de 1996 (BOE do 10 de xuño) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Inorgánica, a prol de Jesús Antonio Castro Fojo, DNI nº 32.634.177, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jesús Antonio Castro Fojo, profesor titular de universidade da área de coñecemento de química inorgánica, do departamento de Química Inorgánica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no BOE.

Vigo, 2 de xuño de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3533