Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se someten a información pública os proxectos sectoriais dos parques eólicos de Paxareiras I, Paxareiras II a e Coriscada, declarados de incidencia supramunicipal polo acordo do Consello da Xunta de Galicia con data do 5 de xuño de 1997.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión con data do 5 de xuño de 1997 e por proposta da Consellería de Industria e Comercio, declara-los proxectos dos parques eólicos de Coriscada, promovido por Gamesa e Paxareiras I e Paxareiras II a, promovidos por Eurovento, S.L. Unipersonal, como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da dita lei, a teor do cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta de Galicia declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto,

RESOLVO:

Someter á información pública os proxectos sectoriais:

-Parque eólico Coriscada.

-Parque eólico Paxareiras I.

-Parque eólico Paxareiras II a.

De acordo co artigo 25.3 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán examina-los ditos proxectos sectoriais de planos eólicos na Dirección Xeral de Industria e nas correspondentes delegacións provinciais, e presentar perante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4824