Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para a subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo seguinte concurso público:

Obxecto: subministración de productos de limpeza e aseo.

Orzamento do contrato:

Partida nº 1 (lavalouzas): orzamento máximo autorizado 108.021 ptas. (cento oito mil vinteunha pesetas).

Partida nº 2 (limpeza xeral): orzamento máximo autorizado 927.591 ptas. (novecentas vintesete mil cincocentas noventa e unha pesetas).

Partida nº 3 (hixiene téxtil): orzamento máximo autorizado 898.450 ptas. (oitocentas noventa e oito mil catrocentas cincuenta pesetas).

Partida nº 4 (material de aseo): orzamento máximo autorizado 1.435.331 ptas. (un millón catrocentas trinta e cinco mil trescentas trinta e unha pesetas).

Partida nº 5 (material vario de limpeza): orzamento máximo autorizado 372.817 ptas. (trescentas setenta e dúas mil oitocentas dezasete pesetas).

Partida nº 6 (celulosa): orzamento máximo autorizado 1.733.421 ptas. (un millón setecentas trinta e tres mil catrocentas vinteunha pesetas).

Partida nº 7 (bolsas de plástico): orzamento máximo autorizado 648.159 ptas. (seiscentas corenta e oito mil cento cincuenta e nove pesetas).

Partida nº 8 (empapadores e luvas): orzamento máximo autorizado 1.946.678 ptas. (un millón novecentas corenta e seis mil seiscentas setenta e oito pesetas).

Partida nº 9 (varios de hixiene): orzamento máximo autorizado 730.945 ptas. (setecentas trinta mil novecentas corenta e cinco pesetas).

Condicións de licitación:

1. Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 1997.

2. Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas á subministración.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no art. 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

7. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Criterios de adxudicación:

-Calidade.

-Prezo.

-Execución a plena satisfacción de servicios semellantes.

-Que a empresa teña no seu cadro de persoal un número de traballadores minusválidos non inferior ó 2% nos termos establecidos na disposición adicional 8 da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Documentación que presentarán os licitadores: a esixida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra, ou nas súas dependencias en Vigo (Avda. Cánovas del Castillo, s/n), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 10 ás 14 horas, en días hábiles excepto os sábados. Así mesmo, poderán examinarse no Servicio de Admón. e Xestión Económica da Dirección Xeral de Servicios Sociais e nos Servicios de Xestión Económica das restantes delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

11. Presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro Xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

12. Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

14. Os gastos derivados deste anuncio serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 10 de xuño de 1997.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais de Pontevedra

4604