Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.978

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 1997 pola que se convoca o levantamento de actas previas á ocupación de predios afectados polo proxecto ramal da Coruña.

Por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 6 de maio de 1997, foi aprobado o proxecto de execución e autorizada a instalación do ramal da Coruña. Declarada a utilidade pública e a urxente ocupación de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei

10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, procede a iniciación do procedemento expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nas casas dos concellos onde están localizados os predios afectados, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procede, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, e presenta-los documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; pódense acompañar dos seus peritos e un notario, se o consideran oportuno, cos gastos á súa custa.

Os levantamentos terán lugar o vindeiro día 21 de xullo en Abegondo; 22 de xullo en Carral e 23 de xullo en Cambre.

Desta convocatoria daráselle traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, significándose que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos casos de titular descoñecido, segundo se relaciona no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria.

A Coruña, 10 de xuño de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

RELACIÓN DE TITULARES DESCOÑECIDOS

Termo municipal de Carral

AfecciónDat. Cata.

Predio nºTitularSP (ml)OT (m)Pol.Par.NaturezaDía/hora

C-CR-35Descoñecido403204267Pradería22-7/10.30
C-CR-36Descoñecido 0 274223T. labor22-7/10.30

Termo municipal de Cambre

AfecciónDat. Cata.

Predio nºTitularSP (ml)OT (m)Pol.Par.NaturezaDía/hora

C-CM-31Descoñecido711.034 75 478Monte baixo23-7/10.30

4835