Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.977

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/123-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, A Grela. 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Gundián-Novedelo.

Situación: Vedra.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios metálicos e con conductor LA-56, de 744 m de lonxitude, con orixe na liña denominada viaducto Ponte Ulla (expediente 51111) e final no C.T. que se vai instalar en Gundián.

Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Gundián, do que parte rede de baixa tensión en R.Z., de 88 m de lonxitude. Vedra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1996, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4816