Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se dictan normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 1997/1998, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Coa finalidade de adxudicar lle destino provisional para o curso académico 1997/1998 ó profesorado sen destino definitivo dos corpos citados, convócase o presente concurso de acordo coas seguintes bases:

Primeira.

Convócase concurso, de acordo coas especificacións que se citan na presente resolución, para a provisión das necesidades de profesorado para o curso 1997/1998, nos centros que se relacionan nos anexos I, II, III e IV, entre o profesorado sen destino definitivo dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de obradoiro de artes plásticas e deseño.

Segunda.

Estarán obrigados a participar no presente concurso, na súa especialidade:

a) O profesorado en situación de expectativa de destino, que se ordenará por anos de celebración do concurso-oposición, e dentro de cada concurso-oposición polo número de orde obtido nel.

Este profesorado relaciónase no anexo VII da Orde do 27 de maio de 1997 (DOG do 2 de xuño), pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados convocado pola Orde do 21 de outubro de 1996 (DOG do 25).

b) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas e profesores de escolas oficiais de idiomas convocados pola Orde do 28 de abril de 1992 pola orde obtida no procedemento selectivo.

c) Os opositores que superen o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados pola Orde do 19 de marzo de 1997, pola orde obtida no procedemento selectivo.

d) O profesorado interino, pola mesma orde que elixiron no curso académico 1996-1997.

e) O profesorado substituto, en función da orde de acceso á interinidade ou substitución.

Terceira.

Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) As correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades, que figuran no anexo I da presente resolución e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Filosofía
002Grego
003Latín
004Lingua castelá e literatura
005Xeografía e historia
006Matemáticas
007Física e química
008Bioloxía e xeoloxía
009Debuxo
010Francés
011Inglés
012Alemán
016Música
017Educación física
018Psicoloxía e pedagoxía
019Tecnoloxía
020Ética
053Lingua e Lit. galega
056Informática BUP
059Técn. Empres. e Act. turísticas
061Estudios T.V.
062Mant. Equip. audiovisuais
063Equipos informáticos
064Tecnoloxía fontanería
065Economía
066Tecnoloxía industrial
070Ética e filosofía do dereito
072Volume
073Xeometría da arte
101Administración de empresas
102Análises e química industrial
103Asesoría e procesos de imaxe persoal
104Construccións civís e edificacións
105Formación e orientación laboral
106Hostelería e turismo
107Informática
108Intervención sociocomunitaria
109Navegación e instalacións mariñas
110Organización e xestión comercial
111Organización e procesos de mantemento de vehículos
112Organización e proxecto de fabricación mecánica
113Organización e proxectos de sistemas enerxéticos
115Procesos de producción agraria
117Procesos de diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos
118Procesos sanitarios
119Procesos e medios de comunicación
120Procesos e productos de téxtil, confección e pel
122Procesos e productos en artes gráficas
123Procesos e productos en madeira e moble
124Sistemas electrónicos
125Sistemas electrotécnicos e automáticos
803Cultura clásica

b) O profesorado de clásicas poderá solicitar indistintamente as prazas de latín e grego, entendéndose incluída para estes participantes a cultura clásica.

Os profesores procedentes de extinguidas especialidades de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo II d) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

Para estes efectos terase en conta que os titulados das especialidades antigas e os que teñan superado o procedemento selectivo por algunha das novas especialidades que a continuación se relacionan, poderán solicitar indistintamente prazas das especialidades que se citan:

Especialidade antigaEspecialidades novas

Tecn. administrativa e comercial-Administración de empresas.
-Organización e xestión comercial.

Tecn. delineación-Construccións civís e edificacións.
-Organización e proxectos de fabricación mecánica.
-Organización e proxectos de sistemas enerxéticos.

Tecn. sanitaria-Procesos sanitarios.

-Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos.

c) O profesorado de modelado e baleirado poderá solicitar prazas de volume.

d) O profesorado de matemáticas poderá solicitar prazas de xeometría da arte.

e) Os profesores de ensino secundario poderán solicita-las prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos relacionadas nos anexos II e IV da presente resolución. Para tales efectos deberán incluír na súa petición os códigos destes centros, aínda no suposto de que optaran por efectua-la súa solicitude por localidades.

f) Os titulares da especialidade de tecnoloxía administrativa que posúan algunha das titulacións de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en ciencias económicas, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública poderán solicitar prazas de economía.

g) As prazas de tecnoloxía industrial (do novo bacharelato tecnolóxico) poderán ser solicitadas polos titulares da especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos, organización e proxectos de fabricación mecánica (profesorado da antiga tecnoloxía de metal) e navegación e instalacións mariñas (máquinas).

Cuarta.

Os profesores do corpo de profesores técnicos de formación profesional poderán solicita-las seguintes prazas, de acordo coas especificacións que se conteñen nesta base:

a) Prazas correspondentes ás especialidades das que sexan titulares, para os centros ou localidades que figuran no anexo I, e para as especialidades de:

CódigoEspecialidades

Práct. equipos informáticos
030Práct. protésico dental
031Práct. hixienista dental
032Práct. cultivos mariños
033Prácticas e actividades
034Práct. empresas e actividades turísticas
037Práct. diminuídos psíquicos
201Cociña e pastelería
202Equipos electrónicos
203Estética
204Fabricación e instalación de carpintería e moble
206Instalacións electrotécnicas
208Laboratorio
209Mantemento de vehículos
210Máquinas, servicios e producción
211Mecanizado e mantemento de máquinas
212Oficina de proxectos de construcción
213Oficina de proxectos de fabricación mecánica
215Operacións de procesos
216Operacións de producción agraria
217Patronaxe e confección
218Perruquería
219Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico
220Procedementos sanitarios e asistenciais
221Procesos comerciais
222Procesos de xestión administrativa
223Producción en artes gráficas
225Servicios á comunidade
226Servicios de restauración
227Sistemas de aplicación informáticas
228Soldadura
229Técnicas e procedementos de imaxe e son

Os profesores procedentes de extinguidas especialidades do corpo de profesores técnicos de formación profesional solicitarán as prazas das novas especialidades segundo a correspondencia establecida no anexo IV.c) do Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro (BOE do 10), polo que se adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

Para estes efectos terase en conta que os titulares das especialidades antigas que a continuación se relacionan e os que teñan superado o procedemento selectivo por algunha das novas especialidades poderán

solicitar indistintamente prazas das dúas especialidades que se citan:

Especialidade antigaEspecialidade nova

Práct. administrativas e comerciais-Proc. de xestión administrat.
-Proc. comerciais.

Prácticas de delineación-Oficina de prox. de construcción.
-Oficina de prox. de fabricación mecánica.

Prácticas de química-Laboratorio.
-Operacións de procesos.

Prácticas do metal-Mecanizado e mantemento de máquinas.
-Soldadura.

Pract. perruquería e Est.-Estética
-Perruquería

Prácticas sanitarias-Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico. (Non inclúe as prazas de protésico dental).
-Procedementos sanitarios e asistenciais.

Quinta.

Os profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional que soliciten localidades entenderase que solicitan tódolos centros da localidade, incluídos no anexo I, pola orde que se publican na presente resolución. Se piden a localidade con afíns, entenderase que solicitan con prioridade tódolos centros dela sen afíns e, posteriormente, con afíns. Se desexan solicitar centros doutros anexos deberán especifica-la petición co código do centro.

Sexta.

Os profesores de escolas oficiais de idiomas, de acordo coas especialidades de que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo II e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Alemán
006Español para estranxeiros
008Francés
009Galego
011Inglés
012Italiano
015Portugués
017Ruso

Sétima.

Os profesores de música e artes escénicas, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán

solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo III e para as especialidades de:

CódigoEspecialidade

001Acordeón
002Harmonía e melodía acompañada
004Canto
007Clarinete
008Composición e instrumentación
009Conxunto coral e instrumental
010Contrabaixo
011Contrapunto e fuga
019Estética e Hª de música, da cultura e da arte
021Fagote
023Frauta travesa
024Frauta de bico
026Guitarra
029Hª de cultura e da arte
039Música de cámara
042Oboe
043Órgano
045Percusión
046Piano
050Repentización, transposición, instrumentación e acompañamento
052Saxofón
053Solfeo e teoría da música
055Trombón
057Trompa
058Trompeta
059Tuba
060Viola
061Violín
063Violoncelo
064Acompañamento
065Clave
066Pianista acompañante
088Harpa

Oitava.

Os profesores de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares, poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidades

006Dereito usual e contabilidade
009Debuxo artístico
010Debuxo lineal
013Hª da arte
016Matemáticas
018Modelado e baleirado
034Técnicas de deseño gráfico
035Técnicas gráficas industriais
037Teoría e práctica do deseño
038Proxecto e deseño interiores
039Teoría da comunicación
040Xemoloxía

Novena.

Os mestres de obradoiro de artes plásticas e deseño, de acordo coas especialidades das que sexan titulares,

poderán solicita-las prazas dos centros que aparecen no anexo IV e para as seguintes especialidades:

CódigoEspecialidades

006Cerámica artística
008Decoración
012Delineación
013Debuxo publicitario
015Deseño de figurinos
016Dourado e policromía
021Esmaltes
027Fotografía artística
028Fotografía e procesos reproducción
041Metalistería artística
047Ourivesaría
050Química aplicada á cerámica
052Repuxado en metal
058Talla en madeira
060Talla en pedra e madeira
063Técnicas de xoiería
065Baleirado e modelado
066Proxecto e deseño de interiores
067Obradoiro do moble
097Serigrafía

Décima.

1. Os participantes deberán manifestar na instancia de solicitude aquelas disciplinas afíns coas que desexan completar, se é o caso, horario. Para estes efectos, poderán solicita-la tecnoloxía, tanto os profesores de ensino secundario como os profesores técnicos de formación profesional que posúan a titulación necesaria para impartila.

2. De existir nun centro máis dunha vacante da mesma especialidade, unha delas cun horario completo e outra para completar con materias afíns, adxudicaranse en primeiro lugar a praza ou prazas que teñan horario completo da especialidade pola que se participa.

3. O profesorado poderá solicitar un mesmo centro ou localidade con horario completo da súa especialidade e con materias afíns, na orde que coide conveniente. Para estes efectos deberanse repeti-los códigos dos centros nos que se dea a circunstancia, poñendo unha cruz (x) no recadro da dereita da solicitude (A) que fai referencia a materias afíns. O que solicite un centro ou localidade con materias afíns entederase que efectúa primeiro a petición dese centro ou localidade sen afíns. Na adxudicación terá prioridade a petición de centro ou localidade sobre a orde das materias afíns.

O profesorado poderá excluír da súa solicitude a petición de destinos de centros compartidos, sinalándoo no recadro correspondente da instancia.

Décimo primeira.

1. A orde de adxudicación dos destinos provisionais será por colectivos preferentes, conforme o previsto na base segunda.

2. Os profesores, interinos e substitutos que soliciten prazas da súa especialidade sen completar horario con ningunha outra materia, de non corresponderlles ningunha destas prazas, pasarán a formar parte da lista para posibles novas necesidades de interinidades

ou substitucións. Ós profesores en expectativa de destino e en prácticas adxudicaráselles destino de oficio.

3. Ós profesores que solicitando prazas da súa especialidade e completando horario con outras materias, non lles corresponde praza na súa especialidade, adxudicaráselles praza noutra materia das indicadas como afíns, se existise vacante, unha vez colocados os colectivos sinalados nos apartados a), b), c), d) e e) da base segunda da presente resolución.

4. Ó profesorado substituto unicamente poderá adxudicárselle praza da súa especialidade con ou sen materias afíns segundo a solicitude.

Décimo segunda.

As prazas das escolas oficiais de idiomas e das escolas de artes aplicadas e oficios artísticos que queden vacantes, unha vez resolto o concurso entre os funcionarios en expectativa de destino, funcionarios en prácticas e, se é o caso, interinos dos corpos correspondentes, serán adxudicadas ós profesores de ensino secundario, da respectiva especialidade que as solicitasen.

Décimo terceira.

Cando concorran a prazas de tecnoloxía industrial profesores de distinta especialidade, a orde de prioridade na adxudicación virá determinada pola pertenza a un colectivo preferente, de acordo coa base segunda da presente resolución. No suposto de que pertenzan ó mesmo colectivo a orde será determinada pola data máis antiga de acceso á prestación de servicios como interino ou substituto. De coincidi-la mesma data de acceso a un posto de traballo na función pública docente, desempatarase por orde alfabética, iniciándose polo apelido coa letra H. O mesmo criterio utilizarase para a adxudicación de prazas correspondente a materias afíns.

Décimo cuarta.

1. Con carácter previo á adxudicación das prazas do presente concurso a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria procederá a resolve-las peticións de reingreso no servicio activo solicitados con anterioridade ó 10 de setembro de 1997.

2. Así mesmo, con carácter previo á adxudicación destas prazas, procederase a adscrición provisional daqueles profesores que tendo destino definitivo, deban ser desprazados provisionalmente por falta de horario no seu centro de destino, de acordo coas seguintes normas:

a) A adscrición provisional de efectivos dentro da mesma localidade efectuarase por resolución do delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da inspección educativa. No suposto de que o funcionario a desprazar teña a posibilidade de ir prestar servicios en máis dun centro, por existir vacantes da súa especialidade, será desprazado ó que el determine.

b) A adscrición provisional para unha localidade distinta dentro da mesma provincia de destino efectuarase por resolución do delegado provincial da Con

sellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da inspección educativa, logo de conformidade do interesado.

c) A adscrición provisional a un centro situado en provincia distinta da de orixe, será efectuado pola Dirección Xeral de Persoal, por proposta dos delegados provinciais, logo do informe da inspección educativa e da conformidade do interesado.

d) Cando varios profesores soliciten voluntariamente ser adscritos a outro centro por falta de horario no seu centro de destino definitivo, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

1) Prestar servicios na mesma localidade.

2) Prestar servicios na mesma provincia.

3) Data da toma de posesión. Se a data de toma de posesión é a mesma, darase prioridade ó número de rexistro de persoal máis baixo ou ó mellor número de oposición, segundo os casos. Se concorresen á mesma praza funcionarios procedentes de distintos corpos, anteriores a entrada en vigor da LOXSE, efectuarase un sorteo para determina-la preferencia.

3. Será de aplicación o disposto no apartado anterior para a impartición de tecnoloxía entre os profesores de educación secundaria obrigatoria e profesores técnicos de formación profesional que estean en posesión dun dos títulos adecuados para impartila.

Décimo quinta.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 19 de marzo de 1997 e do 28 de abril de 1992, naquelas especialidades que inicien a súa celebración no mes de xullo, o prazo será de cinco días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da lista de aprobados polos tribunais ou comisións de selección.

Para os opositores que superen o procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de abril de 1992, por unha das especialidades que inician a súa celebración no mes de setembro, o prazo será de 24 horas, debendo entregarse directamente no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; San Caetano - Santiago de Compostela (A Coruña).

Os opositores mencionados nos parágrafos anteriores que xa fixeran a súa solicitude pola súa condición de interinos ou substitutos unicamente presentarán, no mesmo prazo e lugar mencionados anteriormente, o documento que se xunta como anexo V.

Décimo sexta.

1. Sen prexuízo do establecido no parágrafo terceiro da base anterior, as solicitudes, segundo o modelo oficial que estará á disposición dos interesados nas delegacións provinciais, presentaranse, por duplicado ou orixinal e fotocopia, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das dependencias ás que alude o artigo 37.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común. Xuntarase á solicitude fotocopia compulsada do primeiro nomeamento como funcionario interino ou substituto.

2. Nas solicitudes deberanse consigna-los centros que se solicitan por orde de preferencia, cos números de código que figuran nos anexos da presente resolución.

Cando non exista concordancia entre os dous exemplares da solicitude de prazas, terá validez a que sexa obxecto de tratamento informático. Calquera erro no número de código determinará que se anule a petición, se non corresponde a ningún centro existente.

3. Cando se soliciten prazas de máis dunha especialidade, de acordo coas bases desta convocatoria, deberanse repeti-los códigos dos centros ou localidades nos que se desexe obter praza, indicando no recadro da dereita da instancia o código da especialidade.

Décimo sétima.

1. Non poderán participar no presente concurso os profesores que teñan concedida unha comisión de servicios ou unha adscrición a un posto de traballo para o curso académico 1997/1998.

2. Aqueles profesores ós que, participando no concurso convocado pola presente resolución, se lles conceda posteriormente unha comisión de servicios ou adscrición deberán remitir renuncia ó concurso, dirixida á Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Décimo oitava.

1. O día 8 de setembro de 1997, a Dirección Xeral de Persoal procederá a publica-las relacións de persoal, por especialidades e orde de adxudicación de prazas nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos centros educativos que a continuación se indican:

A Coruña:

IB Eusebio da Guarda.

IFP Fdo. Wirtz.

Santiago de Compostela:

IB Rosalía de Castro.

IFP San Clemente.

Ferrol:

IB Sofía Casanova.

IFP de Caranza.

Lugo:

IB N. Sra. dos Ollos Grandes.

IPFP de Lugo.

Burela:

IB Burela.

Monforte de Lemos:

IB Monforte de Lemos.

Ourense:

IB Eduardo Blanco Amor.

IPFP A Carballeira.

O Barco de Valdeorras:

IFP do Barco de Valdeorras.

Pontevedra:

IB Valle Inclán.

IPFP de Pontevedra.

Vigo:

IB Sto. Tomé do Freixeiro.

IPFP de Vigo.

2. Publicadas as relacións de persoal, ábrese un prazo de cinco días naturais para presentar reclamacións.

3. Resoltas as reclamacións, a Dirección Xeral de Persoal procederá á adxudicación das prazas e facer pública a resolución provisional do concurso nas delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4. Os concursantes poderán presentar reclamacións á resolución provisional, na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais, no prazo de tres días naturais a partir da súa exposición.

5. Resoltas as incidencias ás que se refire o apartado anterior procederase a elevar a definitiva a resolución provisional e a súa publicación na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas súas delegacións provinciais.

Décimo novena.

O profesorado tomará posesión na unidade de persoal da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia de destino, e incorporarase ó centro no prazo das corenta e oito horas seguintes á exposición da resolución definitiva do concurso.

Vixésima.

Os participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 19 de marzo de 1997, que non estén incluídos nas listas dos aspirantes que superaron estes nin nos apartados d) e e) da base segunda da presente resolución, poderán solicitar, segundo o modelo que se publica como anexo VI a súa inclusión nas relacións de aspirantes para desempeñar prazas de interinidades ou substitucións, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, sempre que estean en posesión da titulación que se relaciona para cada especialidade no anexo VII. Estarán exceptuados deste requisito de titulación os aspirantes que superen todos e cada un dos exercicios da fase de oposición. Para tales efectos deberán xuntar fotocopia compulsada do título académico alegado.

Este colectivo ordenarase, para efectos de prioridade na elección por especialidades e dentro de cada especialidade por bloques, de acordo co número de exercicios superados; dentro destes bloques, pola puntuación resultante da fase de concurso e oposición, unha vez realizada a ponderación prevista no Real decreto 850/1993, do 4 de xuño.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

ANEXO I

ANEXO II

ANEXO III

ANEXO IV

ANEXO V

Don/a... co DNI... e domicilio para efectos de notificación na rúa..., C.P...., Localidade..., Provincia..., Tlfno...

EXPÓN: que, de conformidade coa resolución da Dirección Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 9 de xuño de 1997, solicitou praza como

q Interino

no corpo de ..., especialidade de ...

q Substituto

Que superou o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas/profesores de escolas oficiais de idiomas (rísquese os corpos que non procedan) convocado pola Orde do 28 de abril de 1992/19 de marzo de 1997 (rísquese a que non proceda) na especialidade de ...

Polo que solicita que a súa petición sexa tramitada conforme a base décimo quinta da resolución mencionada.

...., a ... de ... 1997.

Asdo.:

Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VI

Don/a... co DNI... e domicilio para efectos de notificación na rúa..., C.P...., Localidade..., Provincia..., Tlfno...

SOLICITA ser incluído na relación de aspirantes a desempeñar prazas de interinidades ou substitucións de ensino secundario/profesores técnicos de formación profesional (rísquese o corpo que non proceda) na especialidade de ..., estando en posesión do título de ... e superando no procedemento selectivo convocado pola Orde do 19 de marzo de 1997 o ... exercicio.

..., ... de ... de 1997

Asdo.:

Director Xeral de Persoal da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VII

4839