Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.958

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 10 de xuño de 1997 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia.

Por Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG nº 3, do 7 de xaneiro de 1997) convócanse catro bolsas de especialización para a realización de estudios sobre a pesca en Galicia.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, do 15 de maio de 1997, e de conformidade coa base 6.4º, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas e fixábase un prazo de reclamación de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, co fin de que os interesados, se era o caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado o prazo e sen que houbese ningunha reclamación presentada, esta consellería de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas de especialización para a realización de estudios no campo da pesca,

DISPÓN:

Artigo 1º

Acórdase concederlles unha bolsa de especialización para a realización de estudios no campo da pesca, ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orde decrecente segundo a puntuación acadada:

ApelidosNomeDNI/CIFPuntos

Barrio GarcíaGonzalo32.802.222-J30,280

Coppel HidalgoCarlos 1.394.197-Y27,190

García GonzálezJose Ramón33.294.352-N 27,143

Pazo LlorenteAlejandro36.091.183-C26,759

Artigo 2º

Os bolseiros deberán formaliza-la súa adcrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo perderán as bolsas, e procederase segundo o disposto na base sexta apartado 6.

Artigo 3º

A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 9 de decembro de 1997, suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º

A presente disposición poralle fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109.c da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

4851