Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.952

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN conxunta do 27 de maio de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT, CSIF e CESM, en condición esta última de central adherida, sobre nomeamentos de médicos especialistas en pediatría que presten os seus servicios na Atención Primaria de Saúde da Comunidade Autónoma galega.

No marco da mesa sectorial de persoal sanitario, coa finalidade de establecer un sistema de nomeamentos temporais do persoal estatutario facultativo especialista en pediatría que presten servicios na Atención Primaria de Saúde da Comunidade Autónoma galega, adaptado ás prescricións da disposi

ción adiccional 4ª do Real decreto 118/1990, do 25 de xaneiro, negociáronse e subscribíronse os pactos con data do 16 de xuño de 1993 e do 6 de outubro de 1994.

Concluída a vixencia destes, dentro do marco aludido negociouse coas organizacións sindicais representadas na mesa sectorial un novo pacto, regulador, así mesmo, dos nomeamentos temporais para o persoal estatutario facultativo especialista en pediatría que preste servicios na Atención Primaria dependente do Servicio Galego de Saúde.

Como consecuencia de tal proceso negociador resultou o pacto anexo, subscrito entre a Administración sanitaria e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UXT, CSIF e CESM, celebrado de conformidade co artigo 3 da Lei 9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinacións das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

O contido do devandito pacto é o que figura como anexo á presente resolución.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVEN:

Acorda-la publicación do pacto sobre nomeamentos temporais do persoal estatutario da categoría de médico especialista en pediatría con destino na Atención Primaria de Saúde, que se inclúe como anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1997.

Manuel Silva RomeroValeriano Martínez García

Secretario xeral daDirector xeral de

Consellería de SanidadeRecursos Humanos do

e Servicios SociaisServicio Galego de Saúde

ANEXO

En Santiago de Compostela, vintesete de maio de mil novecentos noventa e sete, tralo proceso negociador mantido no seo dos relatorios técnicos de traballo creados ad hoc pola mesa sectorial de negociación do persoal sanitario, os representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO, UXT, CSIF e CESM, subscriben o presente pacto sobre nomeamentos temporais de médicos especialistas en pediatría con destino na Atención Primaria da Comunidade Autónoma galega, co contido que a continuación se expón:

Normas xerais:

1. Ámbito de aplicación do pacto.

Territorio: será de aplicación en tódala Comunidade Autónoma galega.

Persoal: afecta os nomeamentos e contratacións temporais do persoal estatutario facultativo especialista en pediatría con destino na Atención Primaria de Saúde do Servicio Galego de Saúde.

2. Vixencia do pacto.

O presente pacto terá a vixencia dun ano a partir da data da súa publicación, e poderá prorrogarse mediante acordo expreso das partes asinantes, con prórroga automática por idéntico ou idénticos períodos, de non mediar denuncia expresa por ningunha das partes asinantes, polo menos, con tres meses de antelación ó seu termo.

3. Sistema que se aplicará ós nomeamentos.

Para efectua-los nomeamentos elaboraranse unhas listas, que serán por área sanitaria cando se trate da cobertura en réxime de substitución ou eventualidade de duración inferior a un ano, e de ámbito provincial cando se trate da cobertura de prazas vacantes ou nomeamentos de duración igual ou superior ó ano.

Os aspirantes só poderán solicita-la súa inclusión nunha única lista, debendo indicar claramente nas solicitudes que formulen a área de xestión sanitaria e a provincia á que opten.

4. Formalización das solicitudes.

Unha vez publicado o presente pacto no Diario Oficial de Galicia, serán convocados os aspirantes, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, que se publicará nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e das xerencias de Atención Primaria do devandito organismo, concedéndoselles ós interesados un prazo máximo de 15 días naturais a partir do seguinte á data da publicación da convocatoria, para que presenten a súa solicitude en modelo normalizado, en unión da documentación acreditativa dos méritos alegados. Igualmente daráselle a publicidade adecuada á convocatoria, a través da inserción dun anuncio dela, na prensa.

Para poder formula-la súa solicitude, os aspirantes deberán acreditar, no momento da súa presentación, a nacionalidade española ou dun país da Unión Europea (en adiante U.E.) ou, se é o caso, dispoñer da autorización para poder residir e traballar legalmente en España.

Non poderán presenta-la súa solicitude os aspirantes que fosen excluídos das listas confeccionadas en aplicación dos pactos con data do 16 de xuño de 1993 e do 6 de outubro de 1994 e do 15 de xaneiro de 1996, por non ter superado o período de proba previsto no contrato ou nomeamento sempre que a exclusión non fose excepcionada, ou tamén por acordo de exclusión firme fundado en incumprimento grave do aspirante ou finalmente por ter sido penalizado con tal medida por renuncias reiteradas inxustificadas a nomeamentos ou contratacións.

As solicitudes poderanse presentar nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos centros de xestión de Atención Primaria, no prazo sinalado.

Os méritos admisibles serán os causados ata o día anterior, inclusive, á data de publicación do presente pacto, no Diario Oficial de Galicia.

A acreditación dos méritos alegados, que deberán inescusablemente achegarse dentro do prazo de presentación das solicitudes, requirirá a presentación de documentos auténticos, sen prexuízo da posible compulsa que, sobre as copias fotoestáticas deles, leve a efecto o persoal competente.

Aplicaráselles ós aspirantes o criterio corrector consistente na exclusión da lista, de solicita-los aspirantes no caso da cobertura de prazas vacantes ou nomeamentos dun ano ou máis de duración a súa inclusión en máis dunha provincia, e no resto de nomeamentos e contratacións a súa inclusión en máis dunha área de xestión sanitaria.

5. Elaboración das listas.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e trala baremación correspondente, publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais e dos centros de xestión de Atención Primaria as listas provisionais de aspirantes coas puntuacións asinadas, tanto no que respecta ós nomeamentos inferiores a un ano (por área de xestión sanitaria) como ós nomeamentos de interinidade en praza vacante ou dun ano ou duración superior (ámbito provincial) concedéndolles ós aspirantes un prazo de 10 días para efectuar reclamacións, que deberán dirixirse, se se trata de interinidades en vacante ou nomeamentos dun ano ou duración superior á Dirección Xeral de Recursos Humanos, e se se trata de substitucións á Dirección Provincial do SERGAS correspondente.

Resoltas as reclamacións publicaranse as listas definitivas nos mesmos lugares cás provisionais.

Polo que respecta á formalización dos nomeamentos, e coa finalidade de acredita-la situación de desemprego, os aspirantes deberán presenta-la tarxeta de demanda de emprego do INEM, no momento de realiza-la formalización.

No caso de que se esgote algunha lista farase unha nova oferta de vinculacións, de acordo co procedemento regulado no presente pacto, provéndose, en tanto, os chamamentos urxentes a través da utilización das listas das áreas de xestión máis próximas.

Para tal efecto considéranse áreas de xestión máis próximas as que se determinan, respecto de cada área concreta, no anexo I deste pacto.

De non existiren aspirantes que voluntariamente se fagan cargo, tanto da cobertura das substitucións que se produzan como do resto das vinculacións calquera que sexan as súas características e duración, chamarase obrigatoriamente ó aspirante-aspirantes que figuren ó cabo das listas das áreas máis próximas ou provincias. De concorrer renuncia inxustificada destes aspirantes serán sancionados do xeito previsto na norma xeral 9 do presente pacto.

Durante o primeiro trimestre do ano 1998 farase unha nova oferta de nomeamentos e contratacións. De existir prórroga do pacto, faranse en idéntico período en anos sucesivos de vixencia.

6. Xestión das listas.

Xestionaranse nas direccións provinciais do Sergas no que concerne ás listas para nomeamentos inferiores ó ano. A cobertura de prazas vacantes ou nomeamentos dun ano ou máis de duración serán xestionadas pola Dirección Xeral de Recursos Humanos.

Os chamamentos ós aspirantes serán efectuados, por demanda da institución sanitaria correspondente, pola dirección provincial comprensiva no seu ámbito da localidade onde se produza a necesidade de cobertura ou pola Dirección Xeral de Recursos Humanos, segundo proceda, seguindo a orde rigurosa de puntuación que acrediten os aspirantes.

Sempre que sexa posible, por dispor de prazo suficiente, serán avisados os aspirantes a través de carta ou telegrama. Nos supostos en que exista inmediatez ou urxencia no chamamento, farase telefonicamente, debendo quedar constancia, en todo caso, da data e hora na que cada aspirante sexa requirido, mediante dilixencia emitida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

A determinación das necesidades de contratación compete ós directores xerentes dos respectivos centros de Atención Primaria, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os nomeamentos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal da área sanitaria, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas (BOE nº 145, do 18-6-1987), e así mesmo nos artigos concordantes da Lei orgánica 11/1986, de liberdade sindical.

A referida información poderá ser pedida tamén polas comisións provinciais de seguimento, dos directores xerentes, os que deberán facilitala nun prazo razoable.

7. Promoción profesional.

Farase unha reserva do 50 % das prazas que se vaian cubrir nos respectivos centros de Atención Primaria, nos supostos de necesidades de cobertura dunha praza vacante e demais que se consideren, inicialmente, de duración igual ou superior ó ano, polos médicos xerais con praza en propiedade no centro de xestión de Atención Primaria coa especialidade en pediatría.

Para este persoal confeccionarase unha lista por centro de Atención Primaria, coa mesma vixencia das anteriores e aplicación dos criterios de selección e restantes prescricións establecidos neste pacto.

8. Seguimento do pacto.

Constituiranse unhas comisións paritarias para o seguimento do pacto, unha central e catro provinciais, integradas por 10 membros, 5 designados pola Administración, e 5 polas centrais sindicais asinan

competencias para unifica-los criterios de actuación e interpretación das comisións provinciais.

As comisións provinciais coñecerán, en única instancia, ademais das cuestións que teñen explicitamente asinadas ó longo do presente pacto, tódalas incidencias e reclamacións que se produzan en aplicación del, formulando as propostas de resolución con carácter vinculante que procedan ás direccións provinciais do Sergas para o seu traslado, se é o caso, ós interesados.

Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes requiríndose un quórum de 7 membros e, sendo decisorio, no caso de empate, o voto do presidente.

A presidencia das comisións corresponderá a un dos membros designados pola Administración, actuando como secretario, con voz e voto, outro dos seus representantes.

As comisións reuniranse, ben con carácter ordinario, unha vez ó trimestre a central, e unha vez ó mes as provinciais; ou ben con carácter extraordinario, nas ocasións en que concorran as circunstancias que o fagan preciso.

A solicitude da convocatoria extraordinaria, na que necesariamente se fixará a orde do día, farase por instancia, polo menos, de 2 dos membros da comisión, e cunha antelación mínima de 48 horas.

9. Penalización.

De non existir causas xustificadas de renuncia á oferta dun nomeamento ou contrato, ou ben a un/unha xa formalizado, penalizarase o aspirante, no caso da primeira renuncia, que pasará ó cabo da lista correspondente. De existir unha segunda renuncia inxustificada, excluirase o aspirante incurso na mesma das listas nas que figure (provincial, de área ou centro de xestión) como aspirante.

A penalización acordada por un ou outro motivo terá unha duración dun ano (12 meses) desde que a medida se fai efectiva.

Admitirase renuncia á oferta sen ningunha penalización sempre que se xustifique de forma suficiente, nos seguintes supostos:

a) Servicio militar ou prestación social substitutoria.

b) Maternidade ou adopción legal.

c) Exercicio de representación sindical.

d) Matrimonio.

e) Falecemento de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Calquera outra de entidade suficiente que se considere oportuno segundo criterio da comisión central de seguimento.

Así mesmo, serán excluídos da lista os aspirantes que incorresen en incumprimento grave, tanto derivados da súa calidade de aspirante inscrito na lista, como do concreto desempeño do posto de traballo.

Considéranse como incumprimentos graves tódalas conductas cualificadas como faltas moi graves ou graves no estatuto de persoal aplicable.

Para facer efectivas as exclusións derivadas dos citados incumprimentos seguirase un procedemento, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, no que se garanta, en todo caso, a audiencia do interesado.

10. Supostos especiais.

I. Para poder aspirar ós nomeamentos será requisito imprescindible a acreditación do título de especialista en pediatría.

Non obstante, no suposto de non existir médico pediatra inscrito nas listas que poida efectua-la cobertura de substitucións ou eventualidades necesariamente inferiores a un ano, poderanse utiliza-los servicios de licenciados en medicina que acrediten o diploma de posgraduado en puericultura.

Confeccionarase unha lista de médicos xerais que acrediten o diploma de posgraduado en puericultura por área de xestión sanitaria, co fin de poder chama-los incluídos nela por orde de puntuación para cubri-las necesidades asistenciais aludidas no parágrafo anterior.

II. Cando un aspirante figure con dereito preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar unha praza vacante con carácter interino ou para subscribir outro tipo de contratación ou nomeamento de duración igual ou superior ó ano, e se atope efectuando unha substitución, será requirido para que ocupe a citada praza, correspondéndolle a outro aspirante o desempeño da substitución agora vacante.

III. Para a cobertura de nomeamentos ou contratacións de duración igual ou superior ó ano terase en conta sempre a maior puntuación acreditada na lista que corresponda.

Non obstante, á vista dos recentes pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e en cumprimento destes, nos casos nos que un nomeamento ou contratación por sustitución derive, por calquera circunstancia, na cobertura de praza vacante ou reservada, permanecerá o mesmo aspirante xa nomeado ou contratado para tal substitución.

IV. Cando un aspirante sexa cesado por non supera-lo período de proba que no contrato asinado se estipule, quedará automaticamente excluído da lista.

Poderán ser excepcionados da aplicación da anterior medida aqueles casos que, excepcional e motivadamente, considere oportuno a comisión central de seguimento.

Para os fins indicados, deberá comunicárselle con toda celeridade á citada comisión as exclusións que procedan por tal motivo e, de se-lo caso, as causas xustificativas para excepcionar algunha daquelas.

Baremo:

Séguese para a súa confección a estructura establecida no Real decreto 118/1991, sobre selección e provisión de prazas de persoal estatutario.

A) Formación académica (máximo 3 puntos).

1) Estudios de licenciatura:

-Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

-Cada sobresaliente: 1 punto.

-Cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias da carreira, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política, e educación física.

2) Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

-Premio extraordinario: 0,75 puntos.

-Cursos monográficos de doutoramento ou de 3º ciclo: 0,25 puntos.

(Máximo 1 punto polos tres epígrafes anteriores).

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima dos puntos 2 e 3 é de 1,5 puntos.

B) Formación especializada (máximo 7 puntos).

1. Aspirantes que se encontren en posesión do título de especialista en pediatría expedido ou homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

2. Aspirantes que cumprisen o período completo de formación na especialidade de pediatría como residentes do programa MIR, ou que cumprisen nesa especialidade o período completo de formación, como residentes nun centro extranxeiro, con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialistas validada polo Ministerio de Educación e Ciencia: 5 puntos.

C) Experiencia profesional (máximo 7 puntos).

1. Por cada mes de servicios prestados como pediatra en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do Sistema Nacional da Saúde: 0,08 puntos.

2. Por cada mes de servicios prestados como pediatras noutras institucións sanitarias públicas: 0,04 puntos.

3. Por cada mes de servicios prestados como pediatras en institucións sanitarias privadas: 0,02 puntos.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse por achega de certificación da empresa na que se faga constar a categoría, duración e xornada do facultativo pediatra; así, e igualmente, presentarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo pediatra.

D) Outros méritos (máximo 3 puntos).

Pola asistencia debidamente acreditada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina e colexos oficiais de médicos ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido rela

cionado coa atención pediátrica ou a Atención Primaria de Saúde, a razón de:

-De 40-100 horas: 0,10 puntos.

-De 101-300 horas: 0,20 puntos.

-De 301-500 horas: 0,40 puntos.

-De 501 en diante: 1,20 puntos.

E) Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a sua virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

-De 20-40 horas: 0,20 puntos.

-De 41-60 horas: 0,40 puntos.

-De 61 en adiante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable que o imparta. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme a unha disposición normativa que regule as características xerais deles, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude) a este.

E) Coñecementos de lingua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

(Máximo 1 punto).

Cuestións específicas da baremación:

-No que respecta á lista de médicos xerais que acrediten o diploma de posgraduado de puericultura teranse en conta os méritos anteriormente descritos con exclusión, obviamente, da formación especializada e coa precisión de que a experiencia profesional se refire á acreditada como médicos xerais en prazas de atención pediátrica.

-O réxime de homologacións dos coñecementos de lingua galega será o seguinte:

O grao de iniciación á lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato (incluído COU): un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.

-En formación profesional: un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.

-Na universidade: un ano cursado e aprobado de lingua galega.

O grao de perfeccionamento de lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato: dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega (incluído COU).

-En formación profesional: tres anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

-Na universidade: dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

Os certificados de homologación serán expedidos, no caso do bacharelato e da formación profesional, polos propios servicios administrativos dos centros onde se cursaron os estudios, logo de solicitude dos interesados.

No caso dos estudios universitarios o certificado será solicitado polos interesados á Dirección Xeral de Política Linguística, órgano competente para tal acreditación.

Normativa aplicable:

-Orde do 25 de abril de 1989 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29-5-1989).

-Orde do 19 de xaneiro de 1989 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8-2-1989).

ANEXO I

A) Provincia da Coruña:

-Área da Coruña.

Áreas máis próximas:

* Ferrol

* Santiago de Compostela

-Área da Ferrol.

Áreas máis próximas:

* A Coruña

* Lugo

-Área de Santiago de Compostela.

Áreas máis próximas:

* A Coruña

* Pontevedra

B) Provincia de Lugo.

-Área de Lugo.

Áreas máis próximas:

* Ferrol

C) Provincia de Ourense.

-Área de Ourense.

Áreas máis próximas:

* Pontevedra sur

D) Provincia de Pontevedra.

-Área de Pontevedra norte.

Áreas máis próximas:

* Santiago de Compostela

* Pontevedra sur

-Área de Pontevedra sur.

Áreas máis próximas:

* Pontevedra norte

4708