Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de maio de 1997 pola que se convoca curso de especialización en educación infantil para mestres en servicio activo na Comunidade Autónoma de Galicia.

As novas esixencias de especialistas derivadas da implantación das etapas de educación infantil e pri

maria que sinala a LOXSE, fan necesaria a organización de cursos de especialización en áreas que, neste momento, son deficitarias en número de profesorado especialista. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consciente de que a formación permanente do profesorado é un dereito e unha obriga, fai posible que, de xeito gradual, mestres ós que se lles suprimiu o seu posto de traballo ou que, debido á especialidade que posúen, ven alongado substancialmente o seu período de provisionalidade ou de poder cambiar de destino, poidan obter unha das especialidades que o sistema educativo require na actualidade.

En consecuencia co anterior considérase conveniente a impartición dun curso de especialización en educación infantil en colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia, que exercerá a dirección e desenvolvemento do curso.

Cómpre, polo tanto, anuncia-la oportuna convocatoria que permita selecciona-los mestres interesados en participar neste curso. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Primeiro.-Convocar un curso de especialización en educación infantil, que se realizará segundo a modalidade de formación a distancia.

Segundo.-Poderán solicita-la realización do devandito curso os funcionarios de carreira pertencentes ó corpo de mestres que estean en servicio activo e teñan o seu destino en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia e sempre que non fosen seleccionados para participar noutros cursos de especialización, ou que non renunciasen á lista definitiva de admitidos ós cursos de especialización convocados por Orde do 13 de marzo de 1997 (DOG do 9 de abril).

Terceiro.-O curso desenvolverase de acordo coa estructura e características que marca a Orde do 11 de xaneiro de 1996 (BOE do 23) pola que se homologan cursos de especialización para o profesorado de educación infantil, de educación primaria, de educación especial e do primeiro ciclo de educación secundaria obrigatoria, que se establecen no anexo I da presente orde e pola modalidade a distancia.

Cuarto.-A matrícula e os materiais didácticos serán gratuítos para os funcionarios do corpo de mestres seleccionados ó abeiro desta orde.

Quinto.-A solicitude para tomar parte no curso dirixirase ó director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Lázaro 107, 15771 Santiago de Compostela, segundo o modelo do anexo II, e presentarase persoalmente ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación desta orde.

Xuntaráselle á solicitude:

-Documentos acreditativos, orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas, dos méritos alegados dos recollidos no baremo que figura no anexo III.

-Folla de servicios, debidamente cuberta, pechada na data de publicación desta convocatoria.

-Fotocopia compulsada da credencial de estar suprimido, se é o caso.

-Declaración xurada das especialidades que posúe.

Sexto.-Este curso de especialización a distancia non dará lugar á concesión de licencias por estudios (modalidade 3).

Sétimo.-A selección dos solicitantes será realizada por unha comisión que presidirá o subdirector xeral de Ordenación Educativa ou persoa en quen delegue e da que formarán parte:

-Catro membros da inspección educativa.

-Catro asesores técnico-pedagóxicos da especialidade de educación infantil destinados en centros de formación continuada do profesorado.

-Actuará como secretario un funcionario da dirección xeral, con voz e sen voto.

Poderán asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto, un representante de cada unha das organizacións sindicais con representación na mesa sectorial de persoal docente.

Oitavo.-A selección dos aspirantes farase de acordo cos seguintes criterios :

1. En primeiro lugar, o profesorado ó que se lle suprimiu o seu posto de traballo e non conte con novo destino definitivo e que non estea habilitado para imparti-las seguintes especialidades da LOXSE: audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica, inglés, educación física e educación musical.

2. En segundo lugar, o profesorado con destino provisional ou definitivo e que non estea habilitado para imparti-las seguintes especialidades da LOXSE: audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica, inglés, educación física e educación musical.

Noveno.-Resérvase un 70 por 100 das prazas do curso para o profesorado incluído no apartado 1 do punto oitavo, un 20 por 100 para o profesorado con destino provisional e un 10 por 100 para o que ten destino definitivo, dos recollidos no apartado 2 do punto oitavo.

No suposto de quedaren prazas vacantes do colectivo mencionado no apartado 1 do punto oitavo, acumularanse ó colectivo do profesorado con destino provisional, e de haber vacantes neste, ó profesorado con destino definitivo.

Décimo.-A valoración dos méritos dos solicitantes seleccionados en aplicación dos criterios prioritarios sinalados no apartado anterior, realizarase de acordo co baremo que figura no anexo III.

No caso de se produciren empates no total das puntuacións, estes resolveranse atendendo sucesivamente á maior puntuación en cada un dos apartados do baremo, pola orde na que aparecen nel. A continuación desempatará o número de rexistro persoal máis baixo, e se é o caso, ano de oposición e número de lista. De resultar necesario, utilizarase como último criterio de desempate a orde do primeiro apelido determinada no sorteo realizado de conformidade co establecido no apartado cuarto da Resolución do 5 de maio de 1997 (DOG do 16).

Décimo primeiro.-Finalizada a selección, a comisión elevaralla ó director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, para a súa resolución provisional, e exporase nos taboleiros da consellería e das delegacións provinciais, con expresión da puntuación obtida polos solicitantes preseleccionados.

Décimo segundo.-Dentro dos cinco días naturais seguintes á exposición da resolución provisional da selección á que se refire o punto anterior, os solicitantes poderán presentar diante da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional as reclamacións oportunas.

No mesmo prazo os solicitantes que resulten preseleccionados, así como os reservas, deberán presentar na dirección xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a documentación que en cada caso se solicite nesa resolución provisional.

Transcorrido o prazo de reclamacións, e dentro dos cinco días naturais seguintes, a comisión resolverá as reclamacións, comprobará a documentación presentada polos solicitantes preseleccionados e os reservas e proporalle ó director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional a selección definitiva, que será publicada no taboleiro de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nos das delegacións provinciais.

Esta resolución definitiva esgotará a vía administrativa, polo que contra ela só procede recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a publicación do acto recorrido, e logo da comunicación previa da súa interposición perante o órgano que o dictou.

Décimo terceiro.-As baixas que por calquera causa se produzan entre os seleccionados antes de empeza-lo curso cubriranse cos aspirantes por orde de puntuación e respectando as porcentaxes establecidas no punto noveno.

Décimo cuarto.-Os mestres participantes nos cursos están obrigados a realizar tódalas actividades programadas do curso. O seu incumprimento en cada

unha das fases dará lugar á exclusión do curso, logo de informe do director deste, oído o interesado e coa conformidade do director xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional.

Décimo quinto.-A cualificación global será apto ou non apto.

Décimo sexto.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expediralles diploma acreditativo ós participantes que superen o curso.

Décimo sétimo.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las normas que considere oportunas para o desenvolvemento e interpretación da presente orde.

Décimo oitavo.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Curso de especialización en educación infantil.

Número de participantes: 180.

Datas de celebración: ó longo do curso 1997-1998.

I. O curso terá dúas partes: teórico-práctica e práctica.

Fase teórico-práctica: realizarase segundo a modalidade a distancia.

Esta fase teórico-práctica será de 400 horas.

Fase práctica: realizarase nos centros de destino, asistidos e asesorados por un titor da UNED, durante o curso 1997-1998. A duración desta fase será de 100 horas.

Para acceder a esta fase é necesario supera-la fase teórico-práctica.

II. Avaliación.

Cada un dos módulos que integran os contidos da fase teórico-práctica será avaliado independentemente. A superación desta fase implicará ter aprobadas as avaliacións correspondentes a cada un destes módulos.

A fase práctica superarase globalmente. Ó longo dela deberanse presenta-los traballos que se indiquen ó comezo. A avaliación terá en conta o informe do director ou directora do curso e unha memoria final que terá que ser entregada por cada alumno e avaliada polos responsables do curso.

ANEXO II

MODELO DE INSTANCIA

O/A funcionario/a do corpo de mestres do que se especifican a continuación os datos:

-Datos persoais:

Apelidos

Nome DNI

Enderezo particular, nº.......

Teléfono Localidade CP

Provincia

-Datos profesionais:

Número de rexistro de persoal

Situación administrativa: propietario definitivo/suprimido/propietario provisional.

Nome do centro no que exerce

Enderezo

Localidade CP Provincia

Posto de traballo ó que está adscrito

Ciclo/s ou curso/s no/s que imparte docencia

Área/s que imparte

-Colectivo citado no apartado oitavo no que está incluído:

Solicita tomar parte no curso de especialización de educación infantil, na modalidade de educación a distancia, convocado por Orde do 23 de maio de 1997 e declara baixo a súa responsabilidade seren certos tódolos datos que se indican.

Data e sinatura

Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela

ANEXO III

BAREMO

Conceptos

Máximo

de puntos

por curso

Total

puntos

máximo

Documentos

xustificativos

Por cada ano de servicio como docente no nivel de educación infantil/primaria/EXB0,75 puntosFolla de servicios

Por ter exercido o dereito preferente no concurso de traslados convocado por Orde do 15 de outubro de 1996 (DOG do 4 de novembro)1,75Declaración xurada de ter exercido ese dereito preferente

Por realización de cursos de perfeccionamento en educación infantil convocados ou homologados pola Administración educativa0,1 puntos por cada 10 horas de cursos de perfeccionamento3Fotocopias compulsadas dos certificados dos cursos de perfeccionamento nos que conste o número de horas

Por realización doutras actividades realacionadas coa especialidade solicitada preferentemente as que estean enmarcadas na programación xeral do centroAta 1,5Xustificantes das actividades

Por publicacións, experiencias ou investigacións en relación coa especialidade solicitadaAta 1,5Exemplares con depósito legal das publicacións e xustificantes das experiencias ou investigacións

4625