Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 20 de xuño de 1997 Páx. 5.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de xuño de 1997 pola que se resolve o concurso público convocado na do 26 de novembro de 1996, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas privadas para accións de promoción da lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1996 (DOG do 8-1-1997) regula a concesión de subvencións a empresas privadas, legalmente constituídas, para accións de promoción da lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 8º da devandita orde, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

Concederlles axudas na contía que se indica ós proxectos relacionados no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Desestima-los proxectos que aparecen relacionados no anexo II por non acadaren a prioridade suficiente de acordo cos criterios establecidos na Orde do 26 de novembro de 1996, así como os daquelas empresas que non procederon á emenda dos requirimentos segundo o previsto no artigo 76º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Artigo 3º

Excluí-los proxectos relacionados no anexo III desta orde, por seren presentados fóra de prazo ou por entidades non consideradas no artigo 1º da orde de convocatoria.

Artigo 4º

As empresas ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar perante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 10º da Orde do 26 de novembro de 1996.

Artigo 5º

A presente disposición ponlle fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

ANEXO II

ANEXO III

4857