Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Insua Mar, S.L., no concello de Viveiro, provincia de Lugo. (Expediente 4638-A.T.).

Visto o escrito presentado pola empresa Insua Mar, S.L., con enderezo para efectos de notificacións en Pza. de Lugo nº 5-3º C, 27850 Viveiro, Lugo, e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-Con data 28 de febreiro de 1996, por resolución da Dirección Xeral de Industria, outorgouse a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica establecido polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, á planta de coxeración que a empresa Insua Mar, S.L. ten previsto instalar na súa factoría do concello de Viveiro (Lugo), incluíndose a esta no grupo d) do artigo 2 do citado texto normativo.

Segundo.-O día 6 de novembro de 1996, a referida empresa, dedicada á granxa integral de producción de rodaballo, solicitou a autorización administrativa para a citada planta de coxeración. Xúntase á dita solicitude o preceptivo anteproxecto das instalacións á que fai referencia o artigo 8 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes: dous motores de combustión interna alternativos alimentados por fuelóleo nº 2, de 2.100 kW c/u; dous xeradores síncronos trifásicos de 2.500 kVA c/u, tensión de xeración 6 kV; un centro de transformación r/t 6/20 montado

en interior, cunha potencia de transformación total de 5 MW; instalacións de interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora e instalacións complementarias de aproveitamento de calor e de protección eléctrica, mando, sinalización e medida.

Terceiro.-De conformidade co establecido no artigo 9 do citado Decreto 2617/1966, esta dirección xeral dictou Resolución do 17 de xaneiro de 1997 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 28-1-1997, sen que se presentase no período legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente foi informada favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos Decretos 140/1991, do 2 de maio, e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Vistos os preceptos legais citados e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlle a instalación dunha planta de coxeración á empresa Insua Mar, S.L., que se vai situar nas instalacións da factoría que a dita empresa ten en Xove (Lugo).

O promotor presentará perante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordi

nario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa publicación.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

4477