Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/120-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa Severo Ochoa, 2, A Grela. 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Insua e San Domingos.

Situación: Teo.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 30 kV sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, de 1.668 m de lonxitude, con orixe na liña Calo-Cacheiras (expediente 5432) e remate no C.T. que se vai instalar en Insua.

-Liña derivada da anterior, das mesmas características, de 399 m de lonxitude, co remate no C.T. que se vai instalar en San Domingos.

Dous centros de transformación de 50 kVA/U, en Insua e San Domingos, sobre apoios de formigón e con tensións de 20/0,380-0,220 kV, dos que parten redes de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 665 m de lonxitude en Insua e de 240 m de San Domingos-Teo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1996, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 26 de maio de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4713