Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 1997, da Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dunha subministración de productos lácteos. (C.P. 123/1997).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

Obxecto: contratación dunha subministración de productos lácteos.

Orzamento: 8.675.500 pesetas, (IVE incluído).

Garantía provisional: 173.510 ptas.

Lote 1: leite enteiro.

Orzamento: 4.410.000 ptas.

Garantía provisional: 88.200 ptas.

Lote 2: queixo barra.

Orzamento: 455.000 ptas.

Garantía provisional: 9.100 ptas.

Lote 3: queixo fresco.

Orzamento: 760.500 ptas.

Garantía provisional: 15.210 ptas.

Lote 4: leite desnatado.

Orzamento: 1.300.000 ptas.

Garantía provisional: 26.000 ptas.

Lote 5: iogur natural.

Orzamento: 1.020.000 ptas.

Garantía provisional: 20.400 ptas.

Lote 6: iogur desnatado natural.

Orzamento: 180.000 ptas.

Garantía provisional: 3.600 ptas.

Lote 7: queixo porcións desnatado.

Orzamento: 550.000 ptas.

Garantía provisional: 11.000 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

II. Prazo de entrega: ás 24 horas tódolos días excepto festivos.

II a) Calendario de entregas parciais: a entrega dos víveres realizarase segundo anexo II adxunto o prego de prescricións técnicas.

III. Admisión de variantes: admítese ata unha variante.

IV. Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

1. Oferta económica: 60%.

2. Calidade: 20%.

3. Servicio: 20%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do complexo hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006-A Coruña, en días laborables desde as 9 as 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviar por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 2 de xuño de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

4798