Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a recuperación ambiental da ribeira Acea da Ma en Culleredo.

Examinado o expediente 115A- 97/5 relativo ó proxecto de expropiación forzosa para a recuperación ambiental da ribeira Acea da Ma en Culleredo, promovido polo Concello de Culleredo para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo) e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, con data do 28 de abril de 1997 e a Orde do 27 de setembro de 1995, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 194, do 9 de outubro de 1995),

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa para a recuperación ambiental da ribeira Acea da Ma, promovido polo Concello de Culleredo polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7, e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixa

ción do prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran nel, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica- lo presente acordo no DOG así como os seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación xunto coa súa superficie, valoración e propietario.

ParcelaPropietarioSuperficie

(m)

Valoración

(ptas.)

01Descoñecido420229.761
02Rosario López Dans240264.542
03Manuel Fernández Vazquez210323.393
05Máximo Santurio Menéndez

e outros

2.086,111.141.206
06Outros
08
09José Rumbo García e

Carmen Veira Ramallal

374,16204.684
10Descoñecido1.855,641.015.127
12José López Dans1.488,491.108.278
1550% Eduardo Luis Domínguez

Pedreira

50% Mª Balbina Domínguez

Feijoo e Clotilde Feijoo

Rodríguez

2.2031.205.151
21BMª Balbina Domínguez

Feijoo e Clotilde

Feijoo Rodríguez

780426.699
29Miguel Olives Martínez

e Irmáns

915,76731.966
42Jaime Serrano González-Babé1.549,60847.709

Así mesmo, a publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de xuño de 1997.

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

2893