Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dos terreos non incorporados á xunta de compensación do SUP- 4 de Conxo no concello de Santiago de Compostela.

Examinado o expediente 115A- 97/2 relativo ó proxecto de expropiación forzosa dos terreos non incor

porados á xunta de compensación do SUP- 4 de Conxo, promovido polo Concello de Santiago de Compostela para os efectos que determina o artigo 145.6º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997) e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo e Arquitectura, con data do 2 de maio de 1997 e a Orde do 27 de setembro de 1995, pola que se delegan atribucións en materia de urbanismo nos delegados provinciais (DOG nº 194, do 9 de outubro de 1995),

RESOLVO:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa dos terreos non incorporados á xunta de compensación do SUP- 4, promovido polo Concello de Santiago de Compostela polo procedemento de taxación conxunta previsto nos artigos 145 e seguintes da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG nº 59, do 26 de marzo de 1997), facendo constar que a presente resolución implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación de conformidade co establecido no artigo 146 punto 1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo.

En consecuencia, o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7, e 8 do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto (artigo 146 punto 2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Segundo.-Notificárlle-la resolución aprobatoria do expediente a tódolos interesados titulares dos bens e dereitos que figuran neste, conferíndolles un termo de vinte días durante o cal poderán manifestar por escrito ante esta delegación provincial a súa disconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, conforme dispón o artigo 145 punto 7 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, advertíndolles que, transcorrido o citado prazo de vinte días sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente, entendéndose determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade (artigo 145 punto 8 da Lei 1/1997, do 24 de marzo).

Terceiro.-Publica- lo presente acordo no DOG, así como os seguintes bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación xunto coa súa superficie, valoración e propietario.

ParcelaPropietarioSuperficie

(m)

Valoración

(ptas.)

1Herdeiros de Ramón Fernández203536.576
42Unión Fenosa222.459.457
106Herdeiros de Manuela

Couto Maroño

2503.704.965

Así mesmo, a publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, ós que se ignore o lugar de notificación, ou ben tramitada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27-11-1992).

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso- administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación desta resolución, debéndose comunicar previamente a esta delegación provincial a devandita interposición conforme se dispón no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de xuño de 1997.

4805