Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.912

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (103/1996).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 103/1996, recaeu sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal que segue:

José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

«Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 103/1996, seguidos neste xulgado sobre lesións en agresión, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acusación pública, a denunciante Susana González Carril e o denunciado Cristóbal Gómez Montero. Seguen antecedentes de feito, feitos probados a fundamentos de dereito.

Resolvo que debo condenar e condeno a Cristóbal Gómez Montero como autor dunha falta de malos tratos á pena de multa na contía de mil pesetas e sinalo a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas. En concepto de responsabilidade civil o condenado deberá indemnizar a Susana González Carril na cantidade de 15.000 pesetas. Así mesmo, condénoa ó pagamento das custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da LAC. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ó denunciado Cristóbal Gómez Montero, e para a súa publicación no DOG expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

4804