Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.911

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (164/1997).

En virtude do acordado en resolución desta data, nos autos de referencia, cítase pola presente cédula de remate ós referidos demandados, Rafael Castro García e María José Rivas García, co fin de que dentro do termo improrrogable de nove días hábiles se opoña á execución contra eles despachada, si lles conviñer, constituíndose nos autos por medio de avogado que os defenda e procurador que os represente, apercibíndoos de que de non verificalo serán declarados en situación de rebeldía procesal recaendo con iso o prexuízo a que houber lugar en dereito. Faise constar expresamente que, por se descoñece-lo paradoiro dos demandados, se practicou embargo sobre bens da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento.

Principal: setecentas tres mil seiscentas un.

Xuros, gastos e custas: trescentas cincuenta mil.

En Santiago de Compostela o quince de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3264