Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.911

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (398/1992).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autores de proceso civil de cognición número 398/1992, ós que se acumularon os de igual clase número 168/1993, procedentes do xulgado de igual clase número dous desta cidade, por instancia de Concepción Fernández Louzao e Domingo Carreira Rodríguez contra outros e herdeiros descoñecidos e incertos de Ramiro Ramón Rúa Lamas e comunidade de herdeiros del sobre reclamación de cantidade, se dictou sentencia co encabezamento e resolución literal seguintes:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o catro de marzo de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de cognición número 398/1992 e 168/1993 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante Concepción Fernández Louzao e Domingo Carreira Rodríguez, maiores de idade, baixo a representación procesual do procurador García-Piccoli Atanes, e coa defensa letrada de José Antonio Fernández González, aparecendo como parte demandada Purificación Lemos Castro, maior de idade, baixo a defensa letrada de Carlos Pensado Vázquez, demandados igualmente os herdeiros descoñecidos e incertos de Ramiro Ramón Rúa Lamas

e a comunidade de herdeiros de Ramiro Ramón Rúa Lamas, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que considerando a demanda presentada por Concepción Fernández Louzao e Domingo Carreira Rodríguez contra Purificación Lemos Castro e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Ramiro Ramón Rúa Lamas e a comunidade de herdeiros de Ramiro Ramón Rúa Lamas, debo condenar e condeno a que conxunta e solidariamente lle aboen a Concepción Fernández Louzao a cantidade de 73.205 ptas. e a Domingo Carreira Rodríguez a cantidade de 73.205 ptas., cantidade que devengará o xuro legal desde a data desta sentencia, con expresa imposición de custas ós demandados conxunta e solidariamente.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se presentará neste xulgado, nun prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que o mandado se cumpra e publicalo no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, estendo o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

3321