Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Xoves, 19 de xuño de 1997 Páx. 5.885

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 13-5-1997, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa o día 8-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, exis

tente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de maio de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Vulcarol, S.L.

co seu persoal de limpezas industriais na central

térmica e mina de Endesa, nas Pontes de García Rodríguez

Vixencia 1997 e 1998

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación ó persoal de Vulcarol, S.L. dedicado á limpeza industrial da central térmica e mina de Endesa, nas Pontes de García Rodríguez.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio terá vixencia desde o 1 de xaneiro de 1997 ó 31 de decembro de 1998.

Quedará automaticamente denunciado a partir do día 1 de novembro de 1998, e poderase iniciar a partir desa data a negociación dun novo convenio.

Será prorrogado en tódolos seus conceptos mentres non se logre un acordo expreso nas novas negociacións.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións establecidas no presente convenio forman un todo orgánico indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente en cómputo anual, sen que caiba a aplicación illada dalgunha das súas partes.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As retribucións establecidas no presente convenio compensan e absorben as existentes ata o momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

Os aumentos de retribucións que poidan producirse no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, só poderán afectar ás pactadas no presente convenio cando, consideradas en cómputo anual, superen a estas.

En caso contrario, serán absorbidas ou compensadas por estas últimas, e subsistirá o presente convenio nos seus propios termos e sen ningunha modificación nos seus conceptos, módulos e retribucións.

Artigo 5º.-Comisión mixta de interpretación.

Para a correcta interpretación e vixilancia do convenio crearase unha comisión mixta de interpreta

ción formada polo comité de empresa e a representación desta que tomase parte nas deliberacións. A comisión será presidida por quen esta designe en cada sesión. Será secretario un vocal, igualmente nomeado para cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez en cada unha das súas representacións.

A comisión reunirase no prazo máximo de quince días desde a súa convocatoria e cantas veces sexa preciso, para resolve-los problemas referentes á aplicación e interpretación do convenio, e as súas resolucións terán carácter vinculante.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 38 horas semanais de traballo efectivo, distribuídas da seguinte forma:

-Xornada continuada: luns a mércores, de 7 a 15 horas. Xoves e venres, de 7 a 14 horas.

Xornada partida: luns a mércores de 8.30 a 13.15 e de 14.45 a 18 horas. Xoves e venres de 8.30 a 13.15 e 14.45 a 17 horas.

O persoal en xornada partida pasará a xornada continuada durante o período do 15 de xuño a 14 de setembro.

O persoal a xornada continuada disporá de 20 minutos de descanso para bocadillo, que terá a consideración de tempo traballado.

Os traballadores afectados polo presente convenio disporán de 15 minutos á saída do traballo para aseárense.

Se durante a vixencia deste convenio se reducise a xornada semanal de Endesa (As Pontes de García Rodríguez) e sempre que esta non sexa inferior a 37 horas semanais, adaptaríase a xornada consonte coa dita reducción.

Artigo 7º.-Retén de garda.

Os sábados, domingos e festivos haberá un retén de persoal de garda, nomeado pola empresa, no caso de non haber voluntarios suficientes, con horario de 7 a 13 horas e descanso luns e martes.

Por cada sábado, domingo ou festivo traballado percibirán unha prima de 3.487 pesetas, aínda que poderán optar por percibi-la prima e dous días de descanso ou só tres días de descanso. O terceiro día de descanso cobrarase da mesma forma ca un dos outros dous.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará dunhas vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais. Os maiores de 50 anos desfrutarán de 31 días.

A retribución será a do salario real correspondente á xornada ordinaria, exceptuando os pluses de distancia e transporte. Empresa e comité confeccionarán un calendario de vacacións e procurarán que tódolos traballadores as desfruten entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Os traballadores que se incorporen á empresa durante o ano desfrutarán a parte proporcional de vacacións que lles correspondan. Desfrutaranse obrigatoriamente dentro do ano natural e non poderán ser compensadas en metálico nin acumuladas para anos sucesivos.

Artigo 9º.-Licencias retribuídas.

O traballador, se avisa coa debida antelación e posterior xustificación, terá dereito a licencias retribuídas nos seguintes supostos:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días por enfermidade grave de familiar de primeiro grao. Asimílase a primeiro grao a parella coa que conviva.

c) 4 días por falecemento de familiar grave en primeiro grao. 2 días por falecemento de familiar en segundo grao. 1 día por falecemento de familiar en terceiro grao.

d) 6 días por nacemento de fillo.

e) 1 día por traslado de domicilio habitual.

f) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando se cursen estudios para a obtención dun título académico ou profesional.

g) Ó tempo imprescindible para recibir asistencia sanitaria, debendo xustificarse adecuadamente o tempo de permanencia. O traballador terá dereito ó cobramento dos pluses polo tempo que xustifique de permanencia en consulta.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

i) 1 día para a renovación do permiso de conducir.

j) 1 día para a renovación do DNI.

k) 1 día para o recoñecemento médico anual.

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base é o que se establece para cada categoría na táboa salarial anexa. O salario base devéngase por día natural.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O complemento persoal por antigüidade consistirá en tres bienios do 5% do salario base e posteriores quinquenios do 7% do salario base. Respectarase o establecido no Decreto lexislativo 1 do 24-3-1995, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 12º.-Pagas extraordinarias.

Todo traballador afectado polo presente convenio terá dereito a percibir dúas pagas extraordinarias por importe cada unha delas de 96.807 pesetas, ou a parte proporcional ó tempo traballado segundo o seu período de devengo. Estas pagas denominaranse de verán e Nadal.

A paga de verán devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no primeiro semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de xullo.

A paga de Nadal devengarase proporcionalmente ó tempo traballado no segundo semestre e farase efectiva como máximo o día 20 de decembro.

Artigo 13º.-Participación nos beneficios.

Coa nómina do mes de febreiro percibirase unha gratificación por participación nos beneficios consistente na cantidade de 96.807 pesetas.

Devengarase do día 1 de xaneiro ó 31 de decembro, proporcionalmente ó tempo traballado.

Artigo 14º.-Plus de actividade.

Percibirase para cada categoría segundo táboa salarial e por día efectivo de traballo.

Artigo 15º.-Plus de transporte e distancia.

Por día efectivo de traballo percibirase o complemento extrasalarial denominado plus de transporte e distancia, na contía de 845 pesetas.

Artigo 16º.-Plus de nocturnidade.

O traballador que realice xornada de traballo entre as 22 e as 6 horas percibirá, en concepto de nocturnidade, a cantidade de 934 pesetas por xornada efectivamente traballada.

Artigo 17º.-Plus tóxico, penoso e perigoso.

Pola excepcional toxicidade, penosidade e perigosidade que concorra en determinados postos de traballo, percibirase un plus na contía de 1.785 pesetas por xornada efectivamente traballada. Aboarase a parte proporcional no que exceda de 8 horas.

Percibirase o plus nos seguintes traballos:

-Limpeza interior do silo de Cinzas.

-Conducto de gases de saída e circulación.

-Limpeza interior de caldeira.

-Traballos en rodetes e pista de aros.

-Manta e alimentadores.

-Colectores e precipitadores.

Así como en todos aqueles que legalmente se determine o dereito á súa percepción.

Artigo 18º.-Plus de mina.

O persoal que realice o seu traballo na mina percibirá por día traballado a cantidade de 1.417 pesetas, cantidade na que se inclúe o desprazamento.

Artigo 19º.-Plus de central.

O persoal que preste os seus servicios na central térmica percibirá un plus por día traballado de 417 pesetas.

Artigo 20º.-Plus de pistola.

Por día efectivamente traballado con pistola de auga a presión percibirase un plus de 501 pesetas.

Os seguintes traballos equipararanse, para efectos económicos, ó manexo de pistola de auga a presión:

-Aspirado de caldeira.

-Aspiración con equipo Munkebo.

-Pistoleado con hidrolimpadora de presión.

Artigo 21º.-Plus de varredoras e outros pluses.

Os peóns que manexen varredoras automóbiles percibirán, por día efectivo de traballo no dito posto, un plus de 314 pesetas.

Os traballos realizados nos postos denominados planta 2 de trituración, pozo de trituración, galerías (desde trituración a planta 6, e desde trituración a separación magnética), varanda de control, gorros chineses de cinza e cintas transversais de parque de carbóns, devengarán un plus por día traballado de 209 pesetas.

Pola excepcional toxicidade, o plus devengado na planta 6 será de 322 pesetas por día traballado.

Artigo 22º.-Traballos especiais e paradas programadas.

22.1. Caldeiras.

Os traballos especiais de caldeiras realizaranse en dúas quendas de traballo diarias. Pola limpeza interior da caldeira completa percibirase unha prima de 66.950 pesetas, ou a parte proporcional ó tempo traballado na dita limpeza. Independentemente se percibirá o plus de tóxico, penoso e perigoso.

22.2. Escavadoras e amoreadoras.

A limpeza de escavadoras e amoreadoras farase cos traballadores que habitualmente traballan na mina. Realizarase cos que estean.

Pola realización destes traballos aboaranse 24 horas extraordinarias por máquina, cando se realicen en sábados, domingos ou festivos.

As horas de espera pagaranse a 1.099 pesetas, e non entrarán en cómputo as 24 horas mencionadas anteriormente.

A prima por máquina completa será de 4.790 pesetas.

22.3. Chemineas.

Establécese unha prima de 7.814 pesetas por tódolos conceptos. Se a limpeza se realiza fóra da xornada ordinaria, pagaranse as horas extraordinarias que correspondan.

22.4. Manta e alimentadores.

Establécese unha prima de 2.679 pesetas por operario e servicio completo.

22.5 Colectores e conductos de gases de saída e circulación.

Establécese unha prima de 6.876 pesetas por estes traballos.

22.6 Precipitadores.

Establécese unha prima de 10.300 pesetas por liña completa realizada.

Artigo 23º.-Horas extraordinarias.

23.1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

23.2 Horas extraordinarias esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos de carácter extraordinario e urxentes: realización.

23.3. Horas extraordinarias estructurais e as necesarias por ausencias imprevistas: realización, sempre e cando non sexa posible a súa substitución por contratacións temporais previstas na lexislación vixente.

23.4 As horas extraordinarias aboaranse a razón de 1.209 pesetas e poderanse compensar a razón de un día de descanso por cada 5 horas extraordinarias realizadas.

23.5. As horas extraordinarias en sábado, domingo ou festivo aboaranse a razón de 1.512 pesetas/hora, e poderán compensarse a razón de un día de descanso por cada 4 horas realizadas.

Mensualmente, pasaráselle ó comité de empresa unha relación nominativa das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 24º.-Axuda de comida.

En concepto de suplidos establécese unha axuda por comida por importe de 869 pesetas por día traballado, para o persoal en xornada partida.

Artigo 25º.-Axudas de custo.

O importe mínimo para as axudas de custo establecidas no artigo 42 da ordenanza laboral é de 5.322 pesetas cando se teña que comer e pasa-la noite fóra do domicilio habitual, 3.193 pesetas cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio, e de 1.796 pesetas cando se realice unha soa comida.

Artigo 26º.-Pagamento de salarios.

Os salarios aboaranse nos tres primeiros días do mes, e o traballador disporá dunha hora de permiso para cobrar, sempre que o pagamento se realice por cheque ou transferencia bancaria.

Artigo 27º.-Organización do traballo.

Tendo en conta a obrigatoriedade da empresa de realizar tódolos traballos establecidos nos contratos subscritos con Endesa para a limpeza industrial de central en mina e, en particular, os que merecen especial mención no artigo 22º, e a adscrición do persoal afectado polo presente convenio a eles, convense a execución, aínda fóra da xornada normal de traballo.

A realización dos traballos fóra da xornada ordinaria de traballo farase con persoal voluntario dentro de cada categoría e especialidade, e completarase con traballadores de libre designación cando os voluntarios non fosen suficientes.

Ámbalas partes comprométense para que, tanto dentro da voluntariedade coma na designación, se

rote entre tódolos traballadores, salvando as diferencias propias de categoría e profesión.

A empresa, sen prexuízo da capacidade de organización que lle é propia, procurará que os traballadores roten por tódolos postos de traballo propios da súa categoría.

Artigo 28º.-Traballos de superior categoría.

Todo traballador que realice traballos de superior categoría por espacio de catro meses consecutivos ou seis alternos nun período dun ano, consolidará a retribución económica do dito posto.

Artigo 29º.-Promoción.

A empresa realizará cursos de formación e perfeccionamento do persoal, organizándoos a través dos representantes dos traballadores. Estes cursos, no caso de seren superados, servirán de mérito para valorar ascensos.

Independentemente do anterior, a empresa estará obrigada a convocar prazas de ascenso, cando existan vacantes, mantendo unha relación porcentual entre as diferentes categorías. Acórdase crear unha comisión formada por dous representantes de cada unha das partes negociadoras do convenio para, conxuntamente, definir porcentaxes.

Artigo 30º.-Seguro colectivo.

A empresa subscribirá unha póliza de accidentes coa seguinte cobertura:

-Por falecemento derivado de accidente laboral ou enfermidade profesional: 3.749.200 pesetas.

-Por incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez derivada de accidente laboral ou enfermidade profesional: 4.284.800 pesetas.

Para concerta-las novas pólizas, a empresa disporá ata o 31 de maio de 1997.

Artigo 31º.-Anticipos.

Todo traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do traballo realizado, que poderán chegar ata o 90% do salario mensual devengado. Considéranse datas hábiles para a súa solicitude os días 15 a 20 de cada mes, e deberá solicitarse con, polo menos, un día laborable de antelación.

Artigo 32º 1.-Aboamento incapacidade temporal por E.C. ou A.T.

En caso de IT por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións ata o 100 % a partir do 8º día, dos seguintes conceptos: salario base, antigüidade, pluses de actividade, plus de mina e/ou plus de central, pagas extraordinarias e de participación en beneficios.

O complemento producirá efectos sempre que as ausencias por IT non superen o 3%; en caso contrario, o complemento aplicarase a partir do 15º día de baixa.

No suposto de baixa por accidente de traballo ou enfermidade profesional, daráselle o mesmo tratamento desde o primeiro día, pero respectando, en todo caso, as condicións máis favorables economicamente, se a contribución da Seguridade Social supera a garantía anterior. Este mesmo criterio aplicarase nos casos de baixa con hospitalización, mentres permaneza internado.

Artigo 32º 2.-Incapacidade permanente.

O persoal que cause baixa na empresa por incapacidade permanente, total ou absoluta, será substituído por outro traballador co mesmo carácter.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitaralles a tódolos traballadores, desde o primeiro día de traballo, a roupa de protección e hixiene necesaria. Esta roupa daráselle igualmente ó persoal que estea de baixa por enfermidade ou accidente. A cada traballador faráselle entrega de:

-1 chaqueta de auga acolchada.

-1 funda ( 2 central).

-1 traxe de faena.

-2 toallas de baño.

-12 pastillas de xabón Heno de Pravia de 125 gramos.

-1 par de zapatos de seguridade de coiro, cada seis meses.

-1 camisa de verán.

Entregaráselle unha funda a cada traballador que realice unha caldeira completa, rodete e graxa.

Artigo 34º.-Xubilación.

Establécese a idade de 65 anos como xubilación obrigatoria; o persoal que se xubile coa citada idade será substituído por outro traballador contratado con carácter estable.

No relativo á xubilación ós 64 anos, observarase o establecido na lexislación vixente, sendo compensada con 322.324 pesetas.

Establécese un premio por xubilación anticipada para os traballadores cunha antigüidade mínima de sete anos que decidan xubilarse voluntariamente de acordo coa seguinte escala, sempre que a xubilación supoña a amortización do posto de traballo.

-Ós 60 anos: 537.207 pesetas.

-Ós 61 anos: 483.486 pesetas.

-Ós 62 anos: 429.984 pesetas.

-Ós 63 anos: 376.045 pesetas.

Artigo 35º.-Préstamos reintegrables.

O persoal fixo poderá solicitar da empresa a concesión de préstamos reintegrables.

Estes préstamos terán como finalidade axudar ós traballadores nos supostos de gastos imprevistos ou

extraordinarios e para tal efecto dotarase un fondo social con 2.492.618 pesetas.

Elaboraranse os criterios para a concesión destes, que terán un límite de 124.630 pesetas por traballador.

Quedará a criterio da empresa a concesión ou non dos préstamos, así como o prazo de amortización, que non poderá supera-los dous anos.

Artigo 36º.-Garantías sindicais.

Os membros do comité de empresa disporán da reserva de horas mensuais que establezan as leis para o desenvolvemento das súas funcións de representación.

As horas poderán acumularse nun ou varios membros do comité, e non se computarán dentro do crédito horario as invertidas na negociación de convenio ou por petición da empresa.

Artigo 37º.-Cota sindical.

A empresa, por petición dos traballadores afiliados a unha central sindical, descontará na nómina o importe da cota mensual de afiliación, que será posta á disposición das centrais por esta. A solicitude será por escrito será por escrito e permanecerá vixente mentres non se comunique o contrario.

Artigo 38º.-Asembleas.

Os traballadores disporán dun máximo de 5 horas ó ano para asembleas, dúas das cales non poderán coincidir en ningún caso en xoves ou venres.

Artigo 39º.-Emprego.

Mentres se manteña a actual carga de traballo derivada da relación contractual con Endesa para a limpeza industrial da central térmica e a mina, garantiráselle ad personam o emprego ó persoal procedente de FCC, durante a vixencia do presente convenio.

En todo caso, a empresa comprométese a utiliza-los mecanismos establecidos no Decreto lexis

lativo 1 do 24-3-1995, que aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Artigo 40º.-Revisión salarial.

Ano 1997. Sempre que o IPC real correspondente ó ano 1997 supere o 3%, realizarase unha revisión polo exceso sobre as táboas salariais vixentes o 31-12-1996, con carácter retroactivo ó 1-1-1997.

Ano 1998. Sempre que o IPC correspondente ó ano 1998 supere o 115 % do IPC previsto para o mesmo período, realizarase unha revisión polo exceso sobre as táboas salariais vixentes o 31-12-1997, con carácter retroactivo ó 1-1-1998.

No suposto de que se fixese necesario efectua-las revisións indicadas, aboaríanse nunha soa paga, coa nómina correspondente ó mes seguinte á data de publicación dos referidos IPC.

Artigo 41º.-Seguridade e hixiene.

En materia de prevención de riscos e saúde laboral observarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 42º.-Condicións máis beneficiosas.

Os traballadores que, con anterioridade ó presente convenio, viñesen desfrutando de mellores condicións, consideradas no seu conxunto en cómputo anual, cás aquí pactadas, conservaranas.

Cláusula adicional primeira. Para o non previsto no presente convenio observarase o disposto no convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da Coruña.

Cláusula adicional segunda. Os atrasos que se deriven da aplicación do presente convenio satisfaranse, como máximo, coa nómina do mes de xuño.

Cláusula adicional terceira. No suposto de que se negocie e que se chegue a asinar un convenio colectivo das empresas auxiliares de Endesa das Pontes de García Rodríguez, no que participe na comisión negociadora a parte empresarial de Vulcarol, S.A., producirase a adhesión a este, sempre que así o decida a asemblea de traballadores deste centro de traballo, respectándose as condicións máis beneficiosas que, a xuízo dos traballadores, existan no actual convenio.

Táboa salarial ano 1997

Conceptos

Capataz

Xefe de

equipo

Oficial

primeira

Oficial

segunda

Peón

especial

Peón

ordinario

Salario base3.3153.1823.1823.0712.9582.845
Plus actividade1.5061.5061.5061.5061.4701.470
Plus distancia-Transp.845845845845845845
Plus central417417417417417
Plus mina1.4171.4171.4171.4171.417
Pagas extras96.80796.80796.80796.80796.807
Paga beneficios96.80796.80796.80796.80796.807
Retén fin de semana3.4873.4873.4873.4873.487
Plus nocturno934934934934934
Plus tóxico, P. e Perig.1.7851.7851.7851.7851.785
Plus pistola presión501501501501501
Plus varredora314314
Plus trituración-artigo 21209209209209209
Plus especial planta 6322322322322322

Conceptos

Capataz

Xefe de

equipo

Oficial

primeira

Oficial

segunda

Peón

especial

Peón

ordinario

Prima caldeira completa66.95066.95066.95066.95066.950
Prima Escav. e Amoread.4.7904.7904.7904.7904.790
H. espera Escav. e Amoread.1.0991.0991.0991.0991.099
Prima chemineas7.8147.8147.8147.8147.814
Prima manta e Aliment.2.6792.6792.6792.6792.679
Prima traballos artigo 22.5º6.8766.8766.8766.8766.876
Prima precipitadores10.30010.30010.30010.30010.300
Axuda comida869869869869869
Hora extra normal1.2091.2091.2091.2091.209
Hora extra festiva1.5121.5121.5121.5121.512

Xubilación anticipadaPréstamos reintegrablesSeguro de accidentes

Ós 60 anos: 537.207 pesetasFondo: 2.492.618 pesetasFalecemento: 3.749.200 pesetas
Ós 61 anos: 483.486 pesetasImporte: 125.000 pesetasInv. permanente: 4.284.800 pesetas
Ós 62 anos: 429.984 pesetasAxuda de custo completa: 5.322 pesetas
Ós 63 anos: 376.045 pesetasXantar+cea: 3.193 pesetas
Ós 64 anos: 322.324 pesetasXantar ou cea: 1.796 pesetas

4034