Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Venres, 13 de xuño de 1997 Páx. 5.671

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 5 xuño de 1997 pola que se declara provisonalmente o río Sor como espacio natural en réxime de protección xeral.

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, no seu artigo 21.2º faculta as comunidades autónomas coa competencias na materia para establecer figuras de protección distintas ás establecidas no seu artigo 12.

Con base nisto e en virtude das competencias establecidas no artigo 27.30º do Estatuto de autonomía para Galicia, asumidas pola Xunta de Galicia polo Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, foi regulada a figura de espacio natural en réxime de protección xeral mediante o Decreto 82/1989, do 11 de maio.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, facendo uso da facultade outorgada polo artigo 6 do devandito Decreto 82/1989, do 11 de maio, con carácter preventivo e para salvagardar certos espacios ante posibles riscos ou ameazas de degradación e para garanti-lo mantemento dos ecosistemas,

DISPÓN:

Artigo 1º

Iníciase o trámite de inclusión no Rexistro de Espacios Naturais de Galicia do río Sor, cos límites que se describen no artigo 3 da presente orde.

Artigo 2º

Perante a necesidade de dotar este río dunha protección preventiva, declárase provisionalmente espacio natural en réxime de protección xeral, de

acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 82/1989, do 11 de maio.

Artigo 3º.-Límites:

Os límites do espacio constitúeno o leito principal do río Sor, que nace en Montouto (de 620 a 640 m) incluíndo os regatos que conforman a súa cabeceira: Foxo, que descende da Serra da Gañidoira, lugar de Piocorto, parroquia de Sisto (Muras); Tras da Serra, procedente do Alto de San Xoán, lugar de Rioseco, parroquia de Freixo (Muras) co seus principais afluentes: Sollozo e Batán.

A partir de Ambosores estará incluído no ámbito de protección desta orde o leito principal ata a súa desembocadura na ría do Barqueiro.

Estarán incluídas, a súa vez, a zona de servidume de 5 metros de largo para uso público que lindan co leito do río, regulada na Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para desenvolver certas cuestións de carácter xeral que se deriven da aplicación desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

4551