Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO

EDICTO.

Incluída na oferta de emprego público deste concello para o ano 1996, e aprobadas as bases polo Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 20 de decembro de 1996, convócase oposición libre para a praza de auxiliar administrativo-Secretaría Xul

gado de Paz, de acordo coas ditas bases e cun teor literal que di o seguinte:

Bases que rexerán a convocatoria de oposición libre para a praza de auxiliar administrativo-Secretaría Xulgado de Paz.

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

É obxecto da presente convocatoria a provisión en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo-Secretaría Xulgado de Paz, encadrada dentro da escala de Administración xeral, subescala auxiliar e dotada orzamentariamente coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D, así como as complementarias acordadas pola corporación ou que procedan segundo a normativa vixente.

Declárase expresamente que o tribunal que xulgará as probas selectivas non poderá aprobar nin declarar que superou estas máis que o aspirante que obtivese maior puntuación no conxunto dos catro exercicios dos aspirantes.

Segunda.-Requisitos dos aspirantes.

Poderán tomar parte na oposición os aspirantes que reúnan os seguintes requisitos referidos todos e cada un deles á data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela na que falten menos de dez anos para a xubilación forzosa determinada pola lexislación básica en materia de función pública.

c) Estar en posesión de título de graduado escolar, FP1 ou equivalente ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida ou sexa incompatible co desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que se opte.

e) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario do servicio ó Estado, as comunidades autónomas ou entidades locais, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non estar incurso en ningunha causa legal de incapacidade ou incompatibilidade, de acordo co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal o servicio das administracións públicas, sen prexuízo para os que ocupan xa un cargo público ou unha actividade privada incompatible de poder exerce-lo dereito de opción a que se refire o artigo 10 da dita lei.

Terceira.-Solicitudes.

As solicitudes para tomar parte na oposición, que deberán ir xunto cunha fotocopia do DNI, nas que os aspirantes manifestarán que reúnen tódalas condicións que se esixen na base segunda, e de que, no caso de seren nomeados, comprométense a prestar xuramento ou promesa nos termos que establece o Real decreto 707/1979, do 5 de abril, dirixiranse

ó alcalde e presentaranse no rexistro xeral do concello, ou na forma establecida no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante LRXPAC), dentro do prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, no que constarán os números e datas no Diario Oficial de Galicia e do BOP de Ourense en que aparezan publicadas integramente estas bases.

Os dereitos de exame, que se fixan na cantidade de 2.000 ptas., serán satisfeitos polos aspirantes ó presenta-la instancia, ou na forma prevista no artigo 38.6º da LRXPAC.

Os dereitos de exame seranlles reintegrados, logo da petición, unicamente ós aspirantes que fosen excluídos definitivamente de tomar parte na oposición.

Cuarta.-Admisión de aspirantes.

Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde aprobará a lista provisional dos aspirantes admitidos e excluídos, indicando, neste último caso, as causas de exclusión, que se fará pública no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, e concederá un prazo de 10 días hábiles para reclamacións.

Transcorrido o dito prazo, a lista provisional entenderase automaticamente elevada a definitiva de non presentárense reclamacións. No caso contrario, as reclamacións serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva e que se fará pública da mesma maneira.

Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado, de conformidade co disposto no artigo 105 da LRXPAC.

Quinta.-Tribunal cualificador.

Estará constituído da seguinte maneira:

Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

Secretario: o da corporación ou funcionario de Administración local en quen delegue.

Vocais: un representante da Xunta de Galicia. Dous representantes do profesorado oficial, designados pola Escola Galega de Administración Pública.

Os vocais deberán posuír titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza convocada. O tribunal quedará integrado, ademais, polos membros suplentes respectivos, que serán designados conxuntamente cos titulares. O presidente poderá solicita-la colaboración dun asesor en calquera dos exercicios que se vaian celebrar.

A composición do tribunal farase pública no BOP e taboleiro de edictos.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

A actuación do tribunal axustarase estrictamente ó previsto nestas bases, quedando facultado para resolve-las incidencias que se produzan e as dúbidas que se presenten sobre a interpretación destas bases e para adopta-los acordos e resolucións necesarias para mante-la boa orde das probas e, en xeral, no desenvolvemento da convocatoria.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte e de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 28 da LRXPAC, os aspirantes poderán recusalo en tales casos.

Sexta.-Desenvolvemento da oposición.

A orde de actuación dos opositores naqueles exercicios que non poidan realizarse conxuntamente, establecerase por sorteo.

A lista co número que lle tocou en sorteo a cada aspirante farase pública no BOP e exporase no taboleiro de anuncios.

A data e lugar no que comezarán os exercicios serán anunciados, como mínimo, con 15 días naturais de antelación no BOP e no taboleiro de anuncios.

A data de celebración do resto dos exercicios da oposición farase pública unicamente no taboleiro de anuncios da corporación. Cando non se celebren tódolos exercicios no mesmo día, os opositores serán convocados todos e cada un deles en chamamento único, salvo no caso de que non fose posible, por causa debidamente xustificada e sempre decidida libremente polo tribunal.

Sétima.-Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. O exercicio práctico, que consistirá nunha copia a máquina, durante dez minutos, dun texto que facilitará o tribunal, a unha velocidade mínima de 250 pulsacións por minuto en máquina de escribir mecánica, e de 280 pulsacións por minuto en máquina de escribir eléctrica.

Para a realización deste exercicio, os opositores virán provistos de máquina de escribir mecánica ou eléctrica. Cualificarase a velocidade desenvolvida, a limpeza e exactitude do copiado e a corrección que presente o escrito.

Segundo exercicio. Consistirá en contestar, por escrito, nun tempo máximo de 25 minutos, a un cuestionario de 30 preguntas que versarán sobre coñecementos xerais e específicos da Administración local. Para cada pregunta proporanse diversas respostas alternativas sendo só unha delas correcta.

Para supera-lo exercicio será necesario que o aspirante conteste de maneira correcta un mínimo de 20 preguntas, puntuándose cada resposta correcta que exceda das 20 necesarias para supera-la proba, con 0,50 puntos.

Terceiro exercicio. Consistirá en desenvolver por escrito dous temas do programa anexo, elixidos por sorteo, nun tempo máximo de noventa (90) minutos. O opositor lerá publicamente o seu exercicio.

Cuarto exercicio. Consistirá en realizar por escrito e nun máximo de vinte minutos, unha traducción de idioma castelán ó idioma galego dun texto facilitado polo tribunal. O opositor lerá, así mesmo, publicamente o exercicio.

Oitava.-Cualificación dos exercicios.

Os exercicios primeiro, segundo e terceiro, son obrigatorios e eliminatorios, sendo puntuados polo tribunal de 0 a 10 puntos. É necesario obter 5 puntos para pasar ó seguinte. O cuarto exercicio terá carácter obrigatorio e non eliminatorio, cunha puntuación de 0 a 4 puntos. A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na totalidade dos exercicios.

O rematar cada un dos exercicios eliminatorios, o tribunal fará público nos lugares de exame as cualificacións.

Novena.-Relación de aprobados e presentación de documentos.

Rematada a cualificación, o tribunal publicará no taboleiro de edictos do concello a relación de aprobados, e o tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas.

Simultaneamente á súa publicación, o tribunal elevará a relación expresada á alcaldía-presidencia, e proporá o nomeamento correspondente. Ó propio tempo, remitiralle á citada autoridade a acta da derradeira sesión.

O aspirante proposto presentará no Negociado de Persoal do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os seguintes documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na base segunda da convocatoria:

a) Copia autenticada ou fotocopia (acompañada do orixinal para a súa compulsa) do DNI.

b) Copia autenticada ou fotocopia (acompañada do orixinal para a súa compulsa) da titulación esixida na base 2ª.

c) Declaración xurada de non estar separado mediante expediente disciplinario do servicio de ningunha Administración pública, así como de non atoparse incurso nalgunha das causas legais de incapacidade ou incompatibilidade previstas na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal o servicio das administracións públicas.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o normal exercicio da función.

Se tivese a condición de funcionario público, estará exento de xustifica-las condicións e requisitos xa

acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación da Administración pública da que dependa, acreditando a súa condición e cantas circunstancias consten no seu expediente persoal.

Se dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, o aspirante proposto non presentase a documentación ou dela se deducise que carece dalgún dos requisitos esixidos, non poderá ser nomeado, e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidese incorrer por falsidade na súa instancia ou solicitude de participación.

Décima.-Nomeamento e toma de posesión.

Rematado o proceso selectivo, o aspirante proposto polo tribunal cualificador será nomeado funcionario de carreira polo alcalde-presidente. O nomeamento deberá publicarse no Boletín Oficial del Estado.

Efectuado o nomeamento, o aspirante deberá tomar posesión no prazo de tres días hábiles, contados desde o seguinte no que lle sexa notificado o nomeamento.

Para a toma de posesión o interesado comparecerá, durante calquera dos días expresados, no concello; neste momento, e como requisito á estensión da dilixencia que a constate, deberá presta-lo xuramento ou promesa na forma establecida no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

De non tomar posesión, sen causa xustificada, dentro do prazo indicado, non adquirirá a condición de funcionario, e perderán tódolos dereitos derivados das probas selectivas e do subseguinte nomeamento.

Décimo primeira.-Dereito supletorio.

En todo o non previsto nestas bases, serán de aplicación xeral as normas contidas na Lei 7/1995, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, no Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido de réxime local, na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, na Lei 23/1988, do 28 de xuño, de modificación da anterior, no Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso de persoal ó servicio da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado e no Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local.

Décimo segunda.-Recursos.

Contra os actos de aprobación das presentes bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da

súa publicación no BOP ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Unha vez publicada a convocatoria e as súas bases para a modificación, anulación ou revisión destas, haberá que aterse ó establecido nos artigos 53 e 110.2º da Lei 7/1995, así como ó disposto na LRXPAC.

Programa

Temas

Tema 1. A Constitución española de 1978. Significado e estructura. Principios xerais. Reforma da Constitución. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. O Defensor do Pobo.

Tema 3. A organización do Estado na Constitución. A Coroa. As atribucións do Rei. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. O Poder xudicial.

Tema 4. A organización territorial do Estado na Constitución. As comunidades autónomas. A Administración local.

Tema 5. A organización da Administración pública no ordenamento español. A Administración do Estado. A organización ministerial. O presidente do Goberno. O Consello de Ministros. As comisións delegadas de Goberno. Os ministros.

Tema 6. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. A competencia da comunidade. O Parlamento, a Xunta e o seu presidente.

Tema 7. A Comunidade Autónoma de Galicia. A Administración autonómica: organización e estructura das consellerías.

Tema 8. O administrado. Colaboración e participación dos cidadáns nas funcións administrativas.

Tema 9. O acto administrativo. Principios xerais do procedemento administrativo.

Tema 10. Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica.

Tema 11. O municipio. O concello. A poboación. O empadroamento.

Tema 12. Organización municipal. Competencias.

Tema 13. Outras entidades locais. Mancomunidades. Agrupacións, entidades locais menores.

Tema 14. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Procedementos de elaboración e aprobación.

Tema 15. A función publica local e a súa organización. Dereitos e deberes. Seguridade Social.

Tema 16. Os xulgados de paz. O xuíz de paz. O secretario do Xulgado de Paz. Funcións que van desempeñar.

Tema 17. Os bens das entidades locais.

Tema 18. Os contratos administrativos na esfera local. A selección do contratista.

Tema 19. Intervención administrativa local na actividade privada. Procedemento de concesión de licencias.

Tema 20. Procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos na presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 21. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións de acordos.

Tema 22. Facendas locais: clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 23. Réxime xurídico do gasto público local. Clasificación funcional e económica.

Tema 24. Os orzamentos locais: contido. Elaboración e aprobación. Execución.

Castrelo de Miño, 24 de abril de 1997.

José Feijoo Villanueva

Alcalde

97-3904