Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVANTES

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1997 referente á convocatoria para prover unha praza de auxiliar de Administración xeral.

No BOP de Lugo nº 62, con data do 17 de marzo, e nº 78 con data do 7 de abril, fanse públicas as bases que rexerán a provisión, mediante concurso-oposición libre, dunha praza da escala de Administración xeral, subescala auxiliar, correspondente á oferta de emprego público para 1996.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP de Lugo e taboleiro de anuncios deste concello.

Cervantes, 7 de abril de 1997.

Manuel Belón Gómez

Alcalde

97-4472