Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUITIRIZ

ANUNCIO.

A Corporación Municipal en Pleno, en sesión extraordinaria celebrada con data do 29 de maio do ano 1997, e tendo en conta o informe da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 20 de maio de 1997, emitido conforme o disposto no artigo 7 e disposición transitoria primeira da Lei 7/1995, do 29 de xuño, acordou aprobar definitivamente o proxecto de Plan Parcial do Parque Empresarial de Guitiriz.

O que se publica en cumprimento do establecido no artigo 8 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, en relación co artigo 124 do texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana (R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño) e o artigo 7.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local.

Segundo o disposto no artigo 6 da citada Lei 7/1995, o acordo plenario de aprobación do proxecto de Plan Parcial do Parque Empresarial de Guitiriz e da súa normativa e ordenanzas, remata a vía administrativa, polo que se poderá interpoñer contra el recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente da dita xurisdicción do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Guitiriz, 2 de xuño de 1997.

María José Vázquez Lorenzo

Alcaldesa

4131