Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

EDICTO de convocatoria para a elección de xuíz de paz e substituto deste municipio.

En cumprimento do previsto no artigo 101 e concordantes da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder

xudicial, anúnciase convocatoria pública para a provisión dos cargos de xuíz de paz titular e substituto deste concello, conforme as seguintes bases:

1. Obxecto: elección dos cargos de xuíz de paz titular e substituto do Xulgado de Paz de Carballeda de Valdeorras.

2. Solicitudes: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 14 horas, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza inserido este anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense, último que o publique.

Coa solicitude presentaranse os seguintes documentos:

a) Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

b) Certificación expedida polo Rexistro Xeral de Penados e Rebeldes, xunto con declaración complementaria na que se faga referencia ó artigo 2º da Lei 68/1980, no seu punto 1.a) referente a se está inculpado ou procesado.

c) Xustificación dos méritos alegados polo solicitante.

3. Condicións legais que teñen que reuni-los solicitantes: ser español, maior de idade e non estar incurso en causas de incapacidade ou incompatibilidade previstas para o desempeño das funcións xudiciais, excepto actividades profesionais ou mercantís.

As causas de incompatibilidade sinaladas no artigo 389 da Lei orgánica operarán con posterioridade ó nomeamento, mediante opción efectuada polo nomeado.

Son causas de incapacidade: estar impedido física ou psiquicamente para a dita función; estar condenado por delicto doloso en canto non se obteña a rehabilitación; estar procesado ou inculpado por delicto doloso en canto non se obteña a absolución ou se dicte auto de sobresemento, e non estar no pleno exercicio dos dereitos civís.

Carballeda de Valdeorras, 13 de maio de 1997.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa

3409