Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.641

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (442/1996).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que nos autos de proceso de familia número 442/1996 se dictou sentencia, con data do 22 de abril de 1997, que no seu encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Vistos por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos incidentais de proceso de familia, seguidos neste xulgado baixo o número 442/1996,

entre partes, dunha como demandante, Pilar Enjamio Furelos, representada en autos polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, asistida do letrado Evaristo Nogueira Romero, e doutra como demandado, Domingo Baez Echevarría, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre divorcio. Decido, con estimación da demanda decreto disolto por divorcio o matrimonio constituído por Domingo Baez Echevarría e Pilar Ensamio Furelos, con tódolos efectos legais inherentes, en especial a disolución do réxime económico matrimonial.

Non se fai expresa imposición de custas.

Unha vez firme esta resolución comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente para os efectos previdos na disposición adicional 9 da Lei do 7 de xullo de 1981.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que sirva de notificación ó demandado Domingo Baez Echevarría, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o vintedous de abril de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado- xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3405