Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.641

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (75/1997).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa e o seu partido, fago saber que neste xulgado e co número 75/1997, se segue xuízo universal de testamentaría por instancia de Dolores Vaamonde Fernández, representada polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, por falecemento de Manuel Vaamonde Valiño, por providencia do 20 de marzo de 1997 acordouse ter por promovido o xuízo e cita-los herdeiros de Eustaquio, de José e de Josefa Luisa Vaamonde Fernández, en paradoiro descoñecido. O que se fai público polo presente edicto para que sirva de citación a estes, co fin de que comparezan os interesados á xunta prevista no artigo 1064 da LAC para a formación de inventario, que terá lugar o día 5 de setembro de 1997 ás dez horas, baixo a prevención de que de non facelo recaerá sobre eles o prexuízo a que haxa lugar.

En Arzúa o vintenove de abril de mil novecentos noventa e sete.

Nota. Faise constar que María Vaamonde Fernández goza dos beneficios de xustiza gratuíta.

O secretario

Rubricado

3414