Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.640

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DA POBRA DE TRIVES

CÉDULA de emprazamento (7/1997).

Perante este xulgado séguense autos de xuízo de cognición baixo o número 7/1997, por instancia da procuradora Mónica Vázquez Blanco, en nome e representación de María de la Anunciación Martínez Domínguez, contra os demandados Amadeo Domínguez González, Amadeo Domínguez Estévez, Gerardo Domínguez Estévez e Carmen Domínguez Estévez, así como calquera outra persoa descoñecida e incerta que se considere prexudicada, por medio da presente cédula emprázase o demandado Gerardo Domínguez Estévez, con último domicilio coñecido en Andorra, así como as persoas descoñecidas e incertas, para que no prazo de nove días comparezan en legal forma nos autos, ós que se lles fai saber que teñen ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias simples de demanda e documentos que a integran e que transcorrido o dito prazo sen que comparecesen, serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación e emprazamento ó demandado Gerardo Domínguez Estévez así como ás persoas descoñecidas, expido a presente cédula na Pobra de Trives o once de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3509