Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 12 de xuño de 1997 Páx. 5.641

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUIRIMENTO (45/1996-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, require ó penado Modesto Freire Calvo, para que no prazo de oito días se presente perante este xulgado, sito na rúa Viena s/n, segunda planta, co obxecto de requirilo para o cumprimento de dous días de arresto menor.

E para que conste e para efectos de requirimento ó penado Modesto Freire Calvo, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente requirimento en Santiago de Compostela o vintedous de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3512